Cun equipo con moitas debutantes na categoría o club volta a tomar parte nun campionato galego cadete de atletismo en pista que serve para seguir collendo experiencia
Na xornada do pasado sábado disputouse nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera o campionato galicia para as categorías cadete, xuvenil e junior por clubes. Nel o club participou co equipo cadete feminino, despois duns anos de ausencia en dito campionato, sendo o maior mérito poder chegar a esta categoría cun nutrido grupo para competir nas distintas probas e do dificultoso que é, cando soamente en toda Galicia 14 clubes conseguen ter representación na categoría feminina de dito campionato.
En canto a participación, e pese a que o club non ía con grandes metas competitivas, logo que gran parte das súas compoñentes eran deportistas debutantes na categoría, compre destacar moi especialmente a actuación de Araceli de Roo, que rematou 2ª en lanzamento de disco e 3ª en lanzamento de peso, presentando así as súas credenciales para os campionatos galegos individuais que se celebrarán o vindeiro mes de xuño. Tamén hai que destacar a actuación de Icía Nogueiras, que rematou na 6ª posición en 3 qm marcha e 12ª en salto de altura, Iria Ferreiro 9ª en xavelina e 10ª en 1000 metros lisos, Lucía Freire 9ª en lanzamento de martelo e 13ª en triple salto, Yolanda Mareque 10ª en 3000 metros lisos e 14ª en 300, Carla Parada 12ª en lonxitude e 13ª en 600 metros lisos, Mariña Cortés 12ª en 300 vallas e 13ª en 100 vallas e Alba García 12ª en 1500 metros lisos e 14ª en 100 lisos.
Todo isto valeulle ao equipo para rematar na 13ª posición pero o posto é o de menos, pois do que se trataba era de disfrutar dun gran día de atletismo é de ir adquirindo experiencia de cara a competicións futuras. Queda seguir traballando e mellorando. Parabéns a todas por voltar a ter representación na categoría cadete e por ser un gran equipo!!