Os equipos masculino e feminino do Olímpico de Vedra descenden a 2ª división da Liga Nacional de dua


4 puntos (1 posto) separaron as féminas de seguir na división de honra mentres que os homes quedaron a 10 puntos (só 2 postos)


Non puido ser, nin a mellor posición acadada por un equipo absoluto nun campionato de España polo equipo masculino (8º posto) nin o colchón de puntos que tiña o equipo feminino foron suficientes para manterse na categoría de ouro do duatlón estatal.

Onte disputábase en Avilés o campionato de España de duatlón por clubes, o que era a última proba e decidía a liga nacional 2017. O campionato disputábase sobre a distancia sprint (5 qm de carreira, 20 qm de ciclismo e 2,5 novamente de carreira). Nela, cada equipo compoñiase de 10 deportistas que compiten de xeitos individual, outorgando puntos en función da súa posición: o primeiro clasificado 150, o segundo 149, e así sucesivamente, sempre sen rebasar en mais do 25% o tempo rexistrado pol@ primeir@ clasificad@.

A proba feminina presentábase cun equipo mermado polas baixas, e mesmo nin era posible completar as súas 10 compoñentes, aínda así, o colchón de puntos que se tiña das xornadas anteriores, facía previsible que con un 11º posto se puidera manter a categoría. Finalmente houbera ata chegado un 13º posto, pero o feito de que soamente 6 das nosas compoñentes pasaran o corte do 25% do tempo extra dende a entrada da primeira clasificada, deixábanos en 14ª posición no campionato.


As nosas deportistas deron o que podían e completaban a proba con Inés Pereira 39ª, Silvia Deira 44ª, Tania Garabatos 65ª, Katia Senín 72ª, Bea Lago 93ª e Olivia Rodríguez 105ª sendo as 6 integrantes que pasaban o corte, quedando a menos de un minuto Susana Nieto e Alba Caamaño, mentres que un pouco máis atras remataba Arantxa Tomé. Finalmente o 14º posto outorgaba soamente 22 puntos ao equipo, levandoo a sumar 92 na liga, rematando a soamente 4 puntos do 10º posto que daba a salvación. O 13º houbera sumado 28 puntos o que outorgaría a permanencia ao equipo.

Na proba masculina tocaba facer a proba perfecta, pois o equipo chegaba a última proba na posición 12ª, o que obrigaba ao rapaces a rematar na 6ª posición se se quería manter a categoría. O noso equipo nunca obtivera un resultado colectivo por encima do posto 15º e parecía unha empresa complicadísima, pero tamén se ía co optimismo de levar o mellor equipo de sempre e que un formato de 10 competidores, nos era favorable.