As boas actuacións nos últimos duatlón converten ao Olímpico como o club con máis deportistas clasificados para o campionato galego
DUATLÓN DE SANTIAGO
Moi boas prestancións as amosadas polos nosos deportistas nos duatlóns celebradas durante o mes de Marzo. En Santiago na disputa da cuarta proba do circuíto galego o noso club facíase co primeiro posto por equipos, salientando ademais unha gran actuación individual de Jacobo Crego que remataba 6º da xeral e o primeiro posto acadado por Miguel Daporta na categoria veterán ademais de clasificarse para o campionato galego. Na proba feminina dúas novas deportistas facíanse con praza tamén para o campionato galego e non eran outras que Tania Suárez e Arantxa Tomé.
Previamente a disputa do duatlón absoluto disputouse o duatlón escolar, onde Víctor Bouzón gañaba a proba cadete e ademais lograban a clasificación para o campionato provincial os benxamíns Hugo Cea e Brais Otero, os infantiles André González, David Amigo, Andrea Iglesias e Gabi Quintás e os cadetes Carlos Sendiña e Yoli Mareque, que se unían aos xa clasificados Víctor Bouzón, Xián Castro e Arón Lorenzo
DUATLÓN DE ARTEIXO
No duatlón de Arteixo, celebrado o domingo 26 de marzocontinuou a boa xeira para o noso club logrando a medalla de bronce en veteráns Juan Cepeda e logrando a clasificación para o campionato galego Julio Mallo e Jorge Ferradáns, converténdonos así no club con máis clasificados para a proba autonómica, cun total de 10 deportistas clasificados en categoría masculina e 9 na feminina. En Arteixo tamén deixaron moi boas sensacións os cadetes que disputaron a proba popular, como test preparatorio para o campionato de España
UXÍO EMPEZA A TEMPADA CON NOTA
O noso fichaxe estrela da tempada empezou a tempada con moi boas sensacións logo de conquistar o 3º posto na Copa de Europa de Gran Canaria o día 26 de Marzo, proba que viña precedida dunha salientable 7ª posición no campionato Iberoamericano celebrado a semana anterior en Montevideo.