top of page

Manuela Raviña e Carla Pérez subcampioas galegas


Manuela Raviña logrou a plata en salto de lonxitude infantil mentres que Carla Pérez o fixo nos 500 metros lisos no campionato galego de pista cuberta

O 18 de marzo disputábase no Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña) o campionato galego benxamín, alevín e infantil de pista cuberta, proba a que soamente acceden as mellores marcas por proba de Galicia, e onde participou o noso club cunha nutrida representación.

Os maiores éxitos acadaronos Manuela Raviña e Carla Perez ao proclamarse as dúas subcampioas galegas infantiles. Para lograr a prata Manuela realizou un sobervio concurso no que mellorou en 3 dos 4 saltos que realizou a súa marca persoal, ata deixala en 4 metros 53 centímetros. Pola súa parte Carla Pérez tamén tivo que facer unha excelente carreira, mellorando en 3 segundos a súa marca situandoa en 1 minuto e 27 segundos. Na proba dos 500 tamén participaba Manuela rematando na 13ª posición.

Pero pese a non ter medalla houbo outras actuacións destacadas como a de Gabriela QUintás que pese a ser descalificada por pisar fora da pista por un empurrón, entraba en meta no 5º posto. Lucía castro ocupaba tamén uns reseñables 8º posto en 1000 metros lisos e 10º en lanzamento de peso e a alevín María Pereira obtiña o 12º posto en 500 metros lisos, no que era o seu debut con unha marca de 1:44.

Moitos parabéns a todas!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page