top of page

O Olímpico de Vedra compite por partida dobre e organiza esta fin de semana


O Campionato Galego de Duatlón Contrareloxo que se celebra sábado a tarde en Vedra contará con 430 deportistas, 36 deles do Olímpico. Na mañá do sábado estarán presentes 4 "olímpicos" na Pobra do Caramiñal no provincial escolar de cross.

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRARELOXO

Por terceiro ano consecutivo celébrase en Vedra esta competición, que ano a ano se supera en número de participantes. Desta vez serán 81 equipos e un total de 430 deportistas os que estén presentes na cita. A competición empezará a partir das 15:00 coa participación dos equipos Open, un total de 48, que servirán de antesala ao campionato galego. Na proba Open a separación entre equipos será de un minuto.

A partir das 16:10 tomarán a saída os 7 equipos que optan ao campionato galego feminino, mentres que a partir das 16:40 será o turno dos 26 equipos que optarán ao título autonómico na categoría masculino. Tanto nunha coma na outra proba os equipos sairán en intervalos de 2 minutos.

O Club Olímpico de Vedra, ademais de ser organizador, é un dos equipos con maior participación na proba, xunto co Artrogal de Ribeira e o Nosportlimit de A Coruña. Conta ademais con representación e opcións tanto no campionato masculino como feminino. Na proba masculina o equipo estará composto por Jacobo Crego, Miguel Daporta, Manuel Dosil, Ismael García Carballo, Kike Goce e Cesar Otero; mentres que o equipo feminino estará integrado por Alba Caamaño, Tania Garabatos, Bea Lago, Susana Nieto, Tania Suárez e Ademais dos dous equipos que optan ao campionato galego presenta 5 equipos máis na proba Open (1 feminino e 4 masculinos) aportando un total de 36 duatletas a proba.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS EN IDADE ESCOLAR

Previamente a cita de Vedra 4 dos nosos integrantes desprazaranse ata a Pobra do Caramiñal, para disputar na mañá do sábado o campionato provincial de cross en idade escolar, logo de que lograran a clasificación no pasado mes de xaneiro na Alamenda de Santiago de Compostela.

A representante do club na proba alevín será María Pereira, que deberá superar unha distancia de 1200 metros. Na proba infantil, que se disputará sobre unha distancia de 1600 metros, será Gabriela Quintás a que defenda as cores do club. Xa na categoría cadete temos representación tanto en homes como en mulleres. Na categoría masculina, Xian Castro disputará a súa proba sobre unha distancia de 4 quilómetros, mentres que Iria Ferreiro deberá superar unha distancia de 2500 metros. Ao participar de xeito individual, tod@s eles deberán quedar clasificados entre os oito primeiros para lograr o billete para o campionato galego.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page