O equipo infantil feminino, María Pereira e Xián Castro logran o pase para a seguinte fase.
O campionato Comarcal de Cross escolar, celebrado na soleada mañá deste sábado na Alameda de Santiago de Compostela, constituía o debút oficial da modalidade nesta tempada. A el O Olímpico de Vedra acudía cunha moi numerosa expedición, que pese a non lograr ningún podio, dou mostra dos avances das escolas do club.
As actuacións máis destacadas foron as de Gabriela Quintás na categoría infantil e a de María Pereira na proba alevín, as dúas con un 4º posto, a so un peldaño do podio. Tamén moi salientable o 5º posto de Xian Castro na proba cadete e o 6º posto de Carla Pérez na proba infantil logrando todos eles, xunto co equipo infantil feminino que rematou en 3ª posición, acadaron a clasificación para o campionato intercomarcal que se disputará no mes de xaneiro de 2017 no mesmo escenario. Lástima que as boas actuacións tamén a nivel individual de David Amigo (11º infantil), Yolanda Mareque (11ª cadete) e Miguel Anxo Torres (12º benxamín), os tres preto do 8º, ou os cuartos postos dos equipos alevín masculino e cadete feminino se quedaran as portas de acadar a clasificación para a seguinte fase.
Así pois, 8 representantes do noso club estarán presentes na seguinte proba. A tod@s, tanto os que se clasificaron como os que non, parabéns polos avances amosados e moitos ánimos para seguir traballando para futuros retos