top of page

Boa actuación da sección de marcha do noso club o pasado sábado na Pobra


5º posto para Noela Baltasar e númerosas marcas persoais non valeran no Campionato Galego de Marcha de inverno

Nutrida representación o pasado sábado no campionato galego de marcha de inverno, que se celebrou no concello de A Pobra do Caramiñal. Da expedición olímpica a atleta que máis preto tivo de acadar postos de privilexio foi Noela Baltasar, que cun tempo de 18,41, mellorando a súa marca persoal clasificaba en 5ª posición na proba infantil feminina. Neas mesma proba tamén melloraba a súa marca Tareixa Pose, acadando o 13º posto.

Xa na proba cadete, e pese a lograr todas as deportistas marca persoal, os posto de podio estiveron bastante lonxe. Alba García era 13ª, Icía Nogueiras 14ª, Iria Ferreiro 17ª, Lúa Parra 18ª e Sara Martínez 19ª. En categoría alevín Frans de Roo ocupou a 13ª posición tamén lonxe dos metais.

O Campionato Galego de Marcha en pista que inaugura a tempada oficial autonómica e o obxectivo tampouco era máis que empezar a tempada con boas sensacións de cara a unha nova tempada. Salientar que na proba cadete a máxima representacion foi por parte do Olímpico de Vedra, polo que xa soamente ese dato e reseñable. A seguir traballando e mellorando!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page