Nova presea autonómica para o deportista do club que ademais rematou 8º absoluto no campionato

Onte disputouse en Curtis o campionato galego de 5000 metros en ruta onde o noso atleta tomaba partida. Gran actuación a de Anxo, que chegaba a cita como actual campión galego de 5000 metros lisos en pista e non defraudou o conquistar o subcampionato galego promesa cun tempo de 16:31, soamente superado por Amadeo Abal. Ademais Anxo remataba nunha excelente 8ª posición absoluta, poñendo así colofón a unha gran tempada de atletismo. Parabéns!!