top of page

Galego de atletismo de menores, Aviamán, Tri de Negreira, Trofeo de atletismo USC e Tri de menores d


5 citas nesta fin de semana con máis de 40 representantes do noso club en competición

CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL DE ATLETISMO

Dende as 10 da maña de hoxe sábado dispútase o campionato galego de atletismo en pista das categorías menores nas pistas de atletismo de O Barco de Valdeorras. Nel estarán presentes 15 deportistas do Olímpico de Vedra, que acadaron a súa clasificación logo de acreditar ser unha das 16 mellores marcas autonómicas que teñen acceso a este campionato. @s nos@s representantes son: en benxamín Benxamin Nerea Martínez (50ml e lonxitude), Samuel Cortés (pelota), Álex Cabo (lonxitude); en alevins Frans de Roo e Tareixa Pose(2 qm marcha), Xosé Raviña (lonxitude) e en infantil Carla Pérez (80metros e 500 metros), Lucía Castro (1000metros) Manuela Raviña (150 metros lisos elonxitude) Andrea Torres (3000metros), Araceli de Roo (peso e disco), Lucía Freire (peso e Martelo), Icía Nogueiras e Iria Ferreiro (3 qm marcha) e Diego Liñares (disco).

I TROFEO DE ATLETISMO DA USC

3 deportistas do noso club tomarán parte esta tarde no I Trofeo de Atletismo da USC que se celebrará nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago. Os nosos representantes serán Xián Castro que participará nos 300 metros valados, nos 100 metros lisos e nos 600 metros lisos, Israel Barrul que competirá en peso, disco e xavelina e Alba García que disputará a proba dos 5 qm marcha

TRÍATLON DE NEGREIRA

Tamén esta tarde terá lugar o I tríatlon Popular Concello de Negreira, proba de distancia sprint (750 metros a nado, 20 qm en bicicleta e 5 de carreira) e a onde se desplazarán 5 deportistas do club: Katía Senín, Ismael Carballo, David Pastoriza, Xurxo Carballo e Julio Mallo, para seguir coa súa posta a punto de cara as probas do circuíto galego de tríatlon

AVIAMÁN TRÍATLON

Xa mañá dispútase unha proba que empeza a ser un clásico dentro dos tríatlon galegos, o Aviaman. Esta proba de media distancia (1200 metros de natación, 65 qm en bicicleta e 14 de carreira a pe) constitúe a VI Copa Diputación de Ourense de Tríatlon e nela tomarán parte 7 representantes do Olímpico: Sergio Oliveira e Jacobo Crego, tratando de reeditar os seus bos postos do ano pasado, ademais de Pablo Cabanelas, Fernando Fernández, Antón Barreiro, Diego Carrillo e Jaime Martínez.

TRÍATLON DE MENORES DE SADA

Tamén maña en Sada dispútase a primeira porba do circuíto galego de tríatlon coa presenza de 16 deportistas do Olímpico. En categoría cadete competirá Alba Lorenzo, Carlos Sendiña, Cesar Otero, Víctor Bouzón e Marcos Dobalo; en infantil Noelia Seijas, Alba Muñiz e Arón González; en alevín André Cerdeira, David Muñiz, Domingos Pose e Gabriela Quintás e en benxamín Brais Otero, Arón Lorenzo, Xandre Pomar e Mario Tizón.

Moita sorte a tod@s!!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page