
Hoxe disputouse nas Pistas Da Malata en Ferrol, o Campionato Galego de Atletismo Cadete ao aire libre. Nel tomaron parte as 16 mellores marcas d@s atletas galeg@s cadetes inscrit@s no campionato. Por parte do Olímpico houbo trés participacións: Israel Barrul cun estupendo 7º posto en lanzamento de facendo marca persoal cun mellor lanzamento de 9,85 e sendo o segundo mellor lanzador entre os deportistas de primeiro ano na categoría e logrando ademais 9º posto en lanzamento de xavelina con marca persoal. Destacadas actuacións tamén para Xián Castro, que logrou o 11º posto na proba dos 100 metros valados, acadando ademais mellor marca persoal e Alba García 12ª en 3 quilómetros marcha cun tempo de 19,37.