top of page

3 representantes do Olímpico no Mundial de dúatlon en grupos de idade en Avilés


Ademais 4 deportistas do club disputarán o triatlón do Atlantico en Baiona e un a proba de 5000 metros lisos no campionato galego promesa de atletismo en pista

3 serán os representantes do noso club mañá no mundial de dúatlon que ten lugar esta fin de semana en Avilés. En distancia sprint, no grupo de 30 a 34 anos participará Jacobo Crego mentres que no grupo de 20 a 24 anos a nosa representante será Tania Suárez; en distancia standard o representante do Olímpico de Vedra será Miguel Daporta.

En Baiona serán 4 os representantes que teña o noso clube no campionato galego de tríatlon distancia olímpica sen drafting (non ir a roda en ciclismo). Manuel Dosil, Xurxo Carballo, Sergio Oliveira e Alfonso López loitarán por acadar o mellor posto individual nun campionato no que non hai clasificación por equipos.

E preto de Baiona, nas pistas de atletismo de Vigo, Anxo Lema disputará o campionato galego promesa, na proba dos 5000 metros lisos.

A tod@s el@s, moita sorte!!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page