top of page

8º posto para o equipo infantil feminino no campionato galego de atletismo


As deportistas do club acadan unha meritoria posición cunha morea de marcas persoais

Hoxe disputouse no Estadio de Atletismo de Elviña en A Coruña o campionato galego benxamín, alevín e infantil de atletismo por equipos. O noso clube participaba co equipo infantil feminino acadando un meritorio 8º posto despois de figurar durante media proba en postos de podio. As deportistas do club realizaron unha gran actuación acadando unha morea de marcas persoais. As actuacións foron as seguintes:

Araceli de Roo: disco 1ª con 24.82. E Marca Persoal(MP)+peso 4ª con 7.95 Icía Nogueiras: 1000obst 14ª con 4:47 e +xavalina 6ª con 17.64(MP) Lucía Freire: triple salto. 14ª con 7.65 e (MP)+ martelo12ª con 12.07 Mariña Cortés: 80mv 14ª con 18.13+220mv: 16ª con 45.76 Carla Pérez: 80 ml 2ª con 11.55 +500ml 5ª con 1:31 Noela Baltasar:3marcha 3ª con 18:26 (MP)+4x80 Gabriela Quintás: 1000ml 5ª con 3:26(MP) +4x80 Andrea Torres: 3000 ml 9ª(MP) +4x80 Carla Parada:4x80+ pértega s.m. Manuela Raviña:150ml 22.06 6ª con (MP)+lonxitude 5ª con 4.13m e (MP) Sara Martínez: Altura 14ª con 1.14

O relevo 4x80 (Noela Baltasar, Carla Parada, Andrea Torres e Gabriela Quintás) 3º con 51,07.

Completaron a expedición do club como reservas Carlota Cea e Iria Ferreiro. Noraboa a todas!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page