En Pontevedra ten lugar a Copa do Rei e da Raiña o sábado e o Campionato de España de tríatlon por relevos o domingo. En Riveira o sábado celebrase o campionato provincial escolar de atletismo benxamín, alevín e infantil e en coruña o domingo o campionato galego benxamín, alevín e infantil de atletismo por equipos.
PAPELETA COMPLICADA EN PONTEVEDRA
O sábado e o domingo teñen lugar a Copa do Rei e da Raiña e o Campionato de España de tríatlon por relevos. O Olímpico de Vedra presenta aos seus dous equipos absolutos en ambalas probas coa dificil misión de reter o posto no top 20 nacional, pero consciente de que esta non é a proba que mellor se nos da.Na Copa do Rei e da Raiña, consistente en realizar un tríatlon distancia sprint (750 metros nadando, 20 qm de ciclismo e 5 qm de carreira a pé) na modalidade de contrareloxo por equipos. Os dous equipos estará integrados por 5 compoñentes. En categoría masculina os integrantes do equipo serán: Jacobo Crego, Anxo Lema, Miguel Daporta, Sergio Oliveira e Pablo cabanelas; mentres que na feminina serán: Aída García, Tania Suárez, Tania Garabatos, Rita Cabanelas e Ángela Chapela. Os dous equipos sairán case a mesma hora, o feminino as 15:52 e o masculino as 15:56.
Xa o domingo na proba por relevos o Olímpico estará representado en categoría masculina por Jacobo Crego, Miguel Daporta e Sergio Oliveira, mentres que na proba feminina as representantes serán Aída García, Ángela Chapela e Tania Suárez. A proba feminina disputarase as 11:40 e a masculina as 13:00. Na proba por relevos cada triatleta terá que superar un triatlon minisprint (250 metros a nado, 6 qm en bici e 1,6 qm de carreira a pe).
Tamén competirán en Pontevedra os equipos escolares, co obxectivo de seguir mellorando como deportistas e como un importante activo do club, que neste anos están a aportar máis puntos que nunca, axudando a superar os puntos que por percances e infortunios se deixaron os equipos polo camiño. O sábado na contrarreloxo soamente competirá o equipo masculino con Carlos Sendiña, César Otero, Marcos Dobalo e Víctor Bouzón. A hora de saída será as 13:43 e a distancia a superar 300 metros nadando, 5 qm en bici e 1,6 qm correndo. Xa o domingo os tres últimos repetirán na proba por relevos e debutarán tamén as rapazas na modalidade de tríatlon por relevos, co equipo integrado por Alba Muñiz, Noelia Seijas e Alba Lorenzo. Todos eles competirán sobre a mesma distancia que os maiores.
DOBLE CITA CO ATLETISMO ESCOLAR
O Sábado disputarase nas Pistas da Fieiteira, en Riveira o Campionato Provincial Escolar Xogade de Atletismo en Pista ao aire libre. Nel tomarán parte as 16 mellores marcas de cada proba e categoría das catro xornadas que se disputaron na provincia.
Por parte do Club Olímpico de Vedra clasificaronse 22 atletas que participarán nun total de 36 probas. En benxamin participarán Samuel Cortés (pelota e relevo), Àlex Cabo (500 e lonxitude), Brais Otero (1000 e relevo), Arón Lorenzo (1000 e relevo) e Xandre Pomar no relevo. En alevins: Frans de Roo (2km marcha), Tareixa Pose (2km marcha): E en infantiles Araceli de Roo (disco, peso e relevo 4x80), Icía Nogueiras (3 qm marcha e xavalina), Iria Ferreiro (3marcha, xavalina e peso), Lucía Freire (Peso, triple salto e martelo), Mariña Cortés (peso), Carla Pérez (80 metro e relevo 4x80), Noela Baltasar (3 qm marcha, 150 metros lisos e xavalina), Carlota Cea (3 qm marcha), Gabriela Quintás (3000 metros e relevo 4x80), Andrea Torres ( 1000 metros, xavalina e relevo 4x80), Carla Parada (80metros e xavalina), Manuela Raviña (150 metros lisos e lonxitude), Lúa Parra (3qm marcha), Sara Martínez (3qm marcha e altura) e Diego Liñares (disco).
Xa o domingo as pistas de Elviña, na Coruña, serán o escenario do campionato galego de atletimo por equipos na categoría benxamín, alevín e infantil. O Olímpico de Vedra presentará ao equipo infantil feminino, con varias integrantes que se proclamaran campioas galegas na categoría alevín na tempada pasada.
O equipo estará integrado por Araceli de Roo,en disco e peso, Icía Nogueiras en 1000 obstáculos e xavalina, Lucía Freire en triple salto e martelo, Mariña Cortés en 80 metros vallas e 220 metros vallas, Carla Pérez en 80 e 500 metros lisos, Noela Baltasar en 3 qm marcha e no relevo, Gabriela Quintás en 1000 metros e no relevo, Andrea Torres en 3000 e no relevo, Carla Parada en pértega e 4x80, Manuela Raviña:150 metros lisos e lonxitude e Sara Martínez en Altura. Como reservas estará Iria Ferreiro e Carlota Cea.
Moita sorte a tod@s!