top of page

12 representantes do Olímpico en Águilas no campionato de España de tríatlon e acuatlón


o equipo absoluto masculino, absoluto feminino, sub 23 feminino e cadete masculino defenderán esta semana ao club na cita murciana. 6 representantes do club tamén no tríatlon das Rias Baixas en Vilagarcía.


A cidade murciana de Águilas será esta fin de semana o escenario do campionato de España de tríatlon sprint e acuatlón. Entre os 2000 deportistas 12 serán os representantes do club Olímpico de Vedra.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON O SÁBADO 14 DE MAIO

O equipo cadete será o encargado de abrir a competición as 9 da mañá. Cesar Otero, Carlos Sendiña, Víctor Bouzón e Marcos Dobalo terán que superar 750 metros de natación, 9 qm de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Os integrantes das categorías sub23 e absolutas terán que completar un recorrido de 750 metros a nado, 21 qm de natación e 5 de carreira. Os primeiros absolutos en tomar a saída serán os grupos de idade, con Anxo Lema entre os favoritos no grupo de 20 a 24 anos e Pablo Cabanelas no grupo de 35 a 39. A hora de saída será as dúas da tarde. Pendente de se tamén participa en grupos de idade está a espera Jacobo Crego, que se atopa 5º na lista de espera para a categoría elite. Nesta categoría ten confirmada a participación Luís Ferreira, internacional portugués que debuta co noso clube. A proba elite masculina será as 18:30. Xa na categoría elite sub 23 feminino que tomará a saída as 20:00 competirán polo Olímpico Sofía Hipólito, Aida García, Katia Senín e Tania Suárez, coa dificil misión de puntuar nas dúas categorías.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ACUATLÓN O DOMINGO 15 DE MAIO

500 metros e 2500 metros será a distancia que teñan que afrontar o domingo as 12 da mañá os cadetes na proba de acuatlón. En grupos de idade as 13:00 tomarán a saída Aída García, Katia Senín e Tania Suárez, Pablo Cabanelas e Jacobo Crego. A espera de se compite en elite masculino as 14:00 está Luís Ferreira xunto con Anxo Lema que será o representante elite do club nesta proba. As 13:00 en elite feminina competirá Sofía Hipólito en busca de dar unha boa posición ao equipo elite e sub23. A distancia a cubrir na proba absoluta é 1000 metros de natación e 5000 de carreira.

6 REPRESENTANTES NO TRIATLÓN RIAS BAIXAS

Tamén estará representado o club en Vilagarcía este domingo, coa participación de 6 deportista na proba que será de distancia olímpica (1500 metros a nado, 40 qm de carreira e 10 de carreira. Anton Barreiro, Diego Carrillo, Sergi Oliveira, Julio Mallo, Javier Liste e Alfonso López tentarán deixar o pavillón do club ben alto.

Moita sorte a tod@s!!!!


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page