Na cita definitiva da tempada de dúatlon que se disputa en Mondoñedo participan 11 deportistas do club, mentres que na Pobra 16 infantiles buscan o billete para o provincial.
CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON ESCOLAR
A vila lucense de Mondoñedo acolle esta tarde o campionato galego de dúatlon en idade escolar, dentro do programa Xogade. 11 serán os deportistas do Olímpico de Vedra nesta cita. O equipo cadete con Cesar Otero, Marcos Dobalo, Carlos Sendiña, Víctor Bouzón e Garikoitz Ruano, parte con moitas opcións individuais e de podio a nivel de equipo. Tamén o equipo infantil feminino, con Alba Muñiz, Noelia Seijas e Yoli Mareque ten opcións de acadar un bo resultado. A nivel individual participan na categoría alevín Gabriela Quintás, que se clasificou despois de acadar un moi salientable cuarto posto no campionato provincial, na categoría infantil Xian Castro, clasificado tamén gracias ao 8º posto no campionato provincial e na categoría cadete compite Alba Lorenzo, inscrita con invitación de club.

CLASIFICATORIO INFANTIL DE ATLETISMO
As pistas do estadio da Alta en Cabío (Pobra do Caramiñal) acollen a última xornada para clasificarse para o campionato provincial de atletismo escolar na categoría infantil. O Olímpico estará ben representado por: Araceli de Roo, Icía Nogueiras, Iria Ferreiro, Lucía Freire, Mariña Cortés, Carla Pérez, Lucía Castro, Noela Baltasar, Carlota Cea, Andrea Torres, Carla Parada, Manuela Raviña, Lúa Parra, Sara Martínez, André Cerdeira, Diego Liñares e André González. Clasificaranse para o Campionato Provincial as 16 mellores marcas das obtidas nos clasificatorios da provincia en cada proba e categoría. Os/as Atletas Clasificados/as terán o seu campionato Provincial probablemente o día 21 de Maio en Riveira.
