Sexto posto, tanto para o equipo elite masculino como elite feminino, co que logra a permanencia na segunda división da liga de dúatlon nas dúas categorías
Non foi fácil, houbo que superar lesións, percances, infortunios... pero ao final o Olímpico soubo sobrepoñerse a todo iso e acadar o principal obxectivo da tempada, a permanencia na segunda división da liga nacional de dúatlon, cousa que xa deixou asegurada o sábado no campionato de España de contrareloxo (3ª xornada da liga) o que permitiu competir o domingo sen presión algunha no campionato de España de relevos (4ª e última xornada).
ÉLITE MASCULINO
O equipo masculino chegaba a Soria cunha vantaxe que lle permitía estar competir con tranquilidade, sabedores de que os traballo realizado nas dúas anteriores probas, iban darlle a permanencia na categoría soamente con puntúa, así que o obxectivo prioritario era non cometer un erro algún dos días e facer un cero. Non foron demasiado ben as cousas o sábado, pois coincidiu a hora de saída do noso equipo co peor momento climatolóxico da proba, con frío e chegando ata a granizar. Deste xeito Jacobo Crego, Anxo Lema, Kike Goce, Miguel Daporta, xunto con Sergio Oliveira e Isma Carballo, aos que deixarían polo camiño despois de colaborar todo o que puideron e máis, soamente podían facerse co posto 40ª da xeral, penúltimo na categoría de segunda división, pero que permitía manter a distancia de máis de 10 puntos na táboa co penúltimo, o que practicamente aseguraba a permanencia na categoría. Deste xeito, o domingo saíse sen presión a proba de relevos, onde competían Anxo Lema e Miguel Daporta, e Jacobo Crego tiña o detalle de cederlle o seu posto ao cadete Cesar Otero, para que ningún deles se quedara se poder participar na proba escolar (solo podían correr 3 e viaxaran 4). Non obstante, fixeron unha moi meritoria proba, obtendo o posto 25º (7º na categoría) rematando finalmente no sexto posto de segunda división.
ELITE FEMININO
A escadra feminina partía en Soria na terceira posición, coa permanencia no peto e mesmo co soño do ascenso. O propio sábado esvaeceuse esa posibilidade, pero na proba contrareloxo, que coincideu no tempo case coa masculina, polo que tiveron as mesmas dificultades pola meteoroloxía. Sofía Pereira, Aída García, Tania Garabatos, Olivia Rodríguez e Angela Chapela, esta última despois de cederlle o seu posto Tania Suárez, xunto con Katía Senín, que tiña que abandonar por molestias física no primeiro sector, conseguían sobrepoñerse, rematando na posición 25ª (sextas na categoría), quedando a soamente un punto do terceiro clasificado O Montilla Córdoba, polo que se na proba de relevos lograban superalo en dous postos acadaría o podio na segunda división. As representantes do equipo de relevo eran Aída García, Sofía Pereira e Ángela Chapela, esta última co posto cedido por Tania Garabatos, non puíderon lograr o obxectivo, por unha mala entrega no primeiro relevo, o que causou a descualificación do equipo. Malia todo, e pese a haber protagonizado unha boa proba, na que obterían o posto 19º (3º na categoría na proba), soamente lograrían empatar a puntos co Montilla, polo que quedarían igual por atrás, pois en caso de empate gañarían eles por obter mellor resultado na primeira xornada, a de mais valor. Aínda así, un sexto posto que puido ser moito máis, pero co que se acada o obxectivo marcado a principio de tempada.
CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL-CADETE
Por primeira vez o noso club completaba a participación no campionato coas categorías masculina e feminina. O equipo masculino, con Marcos Dobalo, Víctor Bouzón, Carlos Sendiña e Cesar Otero, obtiñan un moi meritorio 11º posto no campionato de España de dúatlon contrareloxo e o día seguinte, os tres primeiros lograban o 17º posto na proba de relevos, posto que sería moito mellor de non ser pola ineptitude dun xuíz que obstaculizou e fixo perder case un minuto a un dos nosos compoñentes na transición (é incrible que se produzan eses erros nun campionato de España).
O equipo feminino debutaba con Yoli Mareque,Alba Muñiz, Alba Lorenzo e Noelia Seijas. O sábado remataban na ultima posición na proba contrareloxo e o domingo eran vixésimo quintas na proba de relevos.O aporte das nosas escolas neste campionato, fai que pese a perder os puntos para o ranking que tiñamos de 2015 na proba de relevos, poidamos segur sumando no ranking. Así pois, ademais de lograr para nós o hito de levar unha gran expedición, aportan e de que maneira, pois o 30% dos puntos que se acadaron no último ano no ranking foron logrados por eles.
CONCLUSIÓNS
Así pois, este é un paso máis e un logro que se fai posible grazas o traballo e o esforzo de moita xente: deportistas, directivos, técnicos, colaboradores, sponsors. Que un equipo humilde dun pequeno pobo como é Vedra, se manteña no top 20 nacional é un logro de enormes dimensións. Non se sabe canto durará, pois cada vez é máis difícil, pero toca seguir traballando e pulindo detalles para o ano próximo ser máis competitivos e, por suposto, seguir disfrutando e mantendo esta filosofía que fai de nós un club único. Esta proba pon case o broche a tempada de dúatlon, a falta da disputa do campionato galego escolar e do campionato do mundo de dúatlon, no que a título individual vai participar algún dos nosos integrantes. Agora toca cambiar de disciplina e empezar co tríatlon e loitar en setembro polo soño do ascenso á liga nacional desa modalidade, reto máis que complicado pois soamente 2 clubes poderán acadar a clasificación, pero que non fará que desistamos do noso empeño.