Tania gañou a proba feminina, mentres que Manu acadou a segunda posición masculina

Inda que se trataba dun dúatlon popular, hoxe desprazábanse ata o concello de Muros 6 deportistas do club Olímpico de Vedra para a disputa do I dúatlon concello de Muros - Memorial Eleuterio Balayo. Na organización da proba colaboran amigos e membros do noso club daquela zona e, de seguro, de non ser polo cargado do calendario de competicións nas últimas semanas, houbéranse desprazado ben máis deportistas do Olímpico para a disputa da mesma.
De todos xeitos a pequena representación do club non defraudou e estámonos a converter nuns dos habituais dos podios, sexa a proba que sexa. En categoría feminina a vencedora foi Tania Garabatos, que forxou a súa victoria no segmento ciclista e en categoría masculina, un despiste na segunda transición non lle permitíu a Manu Dosil alzarse coa victoria, pero sí mantivo a segunda posición. Completaron a participación do club Sergio Oliveira en 15ªposición, Xurxo Carballo en 17ª, Julio Mallo en 23ª e Xosé Antón Barreiro na posición 55. Parabéns a tod@s os participantes e aos organizadores por poñer en marcha esta iniciativa.