O sábado pola tarde celébrase o primeiro clasificatorio infantil de atletismo en pista e o I Dúatlon de Muros Memorial Eleuterio Balayo e o domingo o campionato provincial escolar

Tres frontes competivas esta fin de semana para o club. O sábado, as pistas do Estadio Universitario de Santiago de Compostela serán o escenario do primeiro clasificatorio infantil do programa Xogade de atletismo en pista. A cita o noso club acude con 17 deportistas: Araceli de Roo, Icía Nogueiras, Iria Ferreiro, Lucía Freire, Mariña Cortés, Carla Pérez, Lucía Castro, Noela Baltasar, Carlota Cea, Gabriela Quintás, Andrea Torres, Carla Parada, Manuela Raviña, Lúa Parra, Sara Martínez, Diego Liñares e André González. Esta xornada constitúe a primeira das dúas clasificatorias para o campionato provincial, para o que se clasifican as 16 mellores marcas de cada proba e categoría de todas as xornadas que se celebran na provincia.
Tamén na tarde do sábado, media ducia de integrantes do noso club en categoría absoluta, tomarán parte no I Duatlón concello de Muros, memorial Eleuterio Balayo, organizado por xente moi afín ao noso club. Entre os participantes, o muradán Manuel Dosil, membro do noso club e flamante subcampión galego, que poderá correr na casa e recibir a merecida homenaxe dos seus veciños.
Xa o domingo 22 deportistas desprazaranse a Fene para a disputa do campionato provincial de Dúatlon. De dito campionato soamente saen 8 clasificados individuais por categoría e 2 equipos para o campionato galego. O Olímpico de Vedra acude con 4 equipos: o benxamin masculino (Arón Lorenzo, Mario Tizón, Brais Otero, Hugo Cea, Alex Cabo e Xandre Pomar) o alevín masculino (André Cerdeira, David Muñíz, Diego Liñarez, Asier Cabo e Mingos Pose), o infantil feminino (Alba Muñíz, Noelia Seijas e Yoli Mareque) e o cadete masculino (Víctor Bouzón, Carlos Sendiña e Garikoitz Ruano). A nivel individual acuden a benxamín María Fernández, as alevíns Gabriela Quintás e Rosana Fernández, os infantís Xian Castro e Alberto Pampín.
Moita sorte a tod@s!!!