Ismael Carballo e Olivia Rodriguez logran o pase nunha proba na que o equipo masculino acaba 10º e houbo que lamentar a lesión por caída de Bea Lago
O pasado domingo, mentres casi unha vintena de deportista do club se atopaban en Cerdanyola, outros 5 competían en Vigo nunha desapacible mañá, coa intención de apurar as últimas opcións de clasificarse para o campionato galego. Na proba masculina acadouno Ismael Carballo, que tras realizar unha gran proba, rematou en 10ª posición, acadando así o obxectivo e converténdose no 6º home de club clasificado para a final autonómica. Completaron a actuación do equipo Alfonso López 46º e Julio Mallo 50º, que non lograron a clasificación para dito campionato, pero que sí contribuiron a que o Olímpico rematara 10º na clasificación por equipos.
Na proba feminina as nosas dúas representantes foron cara e cruz. Mentres Olivia Rodríguez ocupaba a 14ª praza e se convertía na 5ª muller do club que se gaña a praza para o campionato galego, Bea Lago sufría unha caída no sector ciclista, que non soamente daba o traste co obxectivo, senón que lle causaba unha fractura na cabeza do radio, que lle vai facer estar uns meses de baixa, perdendo así o club unha importante baza non soamente para o galego, senón para a 3ª e 4ª xornada da liga de clubes. Non obstante eso é o menos importante, o que importa é que teña unha pronta recuperación e poida estar pronto dando guerra.
Así pois, felicitacións tanto para Isma como para Olivia, facéndoas extensivas a Julio, Alfonso e Bea, por ter contribuído xa unhas cuantas veces coas súas actuacións co club e moitos ánimos a esta última para unha pronta recuperación.