Na proba de Riveira acadaron praza para o campionato galego o propio Kike e Sergio Oliveira e en Arteixo Tania Suárez
Segue a boa racha dos nosos deportista ao longo de todo este mes. Así no dúatlon de Riveira, celebrado o domingo 13 de marzo, foron dous os deportistas que se clasificaron para o campionato galego, elevando así a cifra a 5 a cifra en categoría masculina. Foron Kike Goce, que rematou nunha excepcional 6ª posición da xeral, sendo ademais o vencedor da categoría veterán e Sergio Oliveira, que tamén acadou unha moi meritoria 12ª posición. Completaron a participación do club na proba de Riveira: Xurxo Carballo, David Pastoriza e Nico Villanueva.
Oito días mais tarde, o domingo 20, na disputa do dúatlon de Arteixo, continuaba a boa xeira. Na categoría feminina Aída García voltaba a quedar como en Santiago 4ª a solo un peldaño do podio, pero gañaba a categoría veterana. Tamén en féminas, Tania Suárez remataba 17ª, elevando así o número de rapazas do club clasificadas para o campionato galego a catro. Na proba masculina, cunha participación de luxo, Jacobo Crego remataba nunha formidable 12ª posición e Kike Goce 16º, conquistando outra vez o primeiro posto na categoría veterán. Na proba minisprint popular, participaba a infantil Alba Muñiz, que quedaba en segunda posición, sendo a primeira clasificada infantil. Tamén participou por cuestións de axenda nesta proba Julio Mallo, acadando o cuarto posto na proba masculina.