top of page

Manu Dosil acadou en Morcín praza para o Campionato de España elite de dúatlon


O decimo primeiro posto dalle praza matemática para o campionato de España, onde ten moitas posibilidades de acompañalo Miguel Daporta por ranking. Menos posibilidades teñen Anxo Lema e Jacobo Crego que se atopan en lista de espera.


O 12 de marzo acudían a Morcín dous duatletas do noso clube na búsqueda do pasaporte para o campionato de España elite de dúatlon. Manu Dosil acadaba praza logo de completar unha excelente proba, na que ocupaba a 11ª posición. Peor sorte corría Jacobo Crego, que mermado por unha lesión que non lle permitíu adestrar nos últimos quince días, remataba na 22ª posición a 6 prazas do billete para o campionato de España.

O campionato de España que se celebrará o 2 e 3 de abril en Cerdanyola, terá con Manu Dosil, asegurado un deportista do club na categoría elite, mentres que conta con moitas posibilidades tamén de estar presente Miguel Daporta, por ranking individual. No momento da redacción desta nova Anxo Lema e Jacobo Crego atopábanse na lista de espera e con excasas posibilidades de poder tomar a saída elite, proba na que soamente poden participar 100 deportistas a nivel nacional e para elo deben lograr a praza a través de clasificación directa ou polos distintos rankings.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page