A actuación do Olímpico en Orihuela mete ao club no top 20 nacional
- Club Olímpico de Vedra
- 27 mar 2016
- 2 Min. de lectura
O 7º posto do equipo feminino e o 23º do masculino outorgan 144 puntos para situarse na mellor posición histórica no ranking de clubes
O pasado 13 de Outubro celebrábase en Orihuela (Alicante) o campionato de España de dúatlon de longa distancia, a onde o noso club desplazaba a 7 deportistas, competindo finalmente 6 por lesión dun deles. A proba constaba de 16 quilómetros de carreira a pe, 66 de ciclismo e novamente 8 quilómetros de carreira. Os nosos deportistas iban co obxectivo claro de acadar os puntos necesarios para meter ao club no top 20 e o de asegurar unha boa posición no ranking individual nos casos.
Na categoría feminina o club acadaba o sétimo posto, gracias a actuación na categoría elite de Aída García, que se facía co vixésimo posto e as actuacións de Bea Lago e Tania Garabatos, sexta e sétima respectivamente no grupo de 30 a 34 anos. Con esta actuación ademais Tania coseguía ascender ata a posición 17ª do ranking nacional individual de dúatlon.
Na categoría masculina a aposta era tamén a mesma, con Miguel Daporta en élite, que acadaba o posto 67, o que lle permite tamén ascender a nivel individual ata a posición 11ª do ranking nacional, dandolle moitas opcións para poder participar na categoría elite en posteriores citas. A actuación do club completábana Julio Mallo 33º no grupo de 35 a 39 anos e Fernando Fernández 35º no grupo de 40 a 44 anos. Esta actuación dáballe ao Olímpico o 23º posto na clasificación masculina por equipos.
Con este resultado o club logra a mellor clasificación histórica, entrando no top 20 nacional, feito que ademas de constituír un logro reportará a posibilidade de contar con prazas extra nas categorías elite, feito fundamental para acadar unha boa clasificación en fututos campionatos.