top of page

Salientable actuación das nosas infantiles no campionato galego de atletismo en pista cuberta


Postos de finalista para Araceli de Roo, sexta en lanzamento de peso e Gabriela Quintás sétima en 2000 metros lisos.


Onte 4 das nosas deportistas infantiles desprazáronse ata A Coruña para participar no campionato galego de atletismo en pista cuberta.

A actuación máis detacada foi o 6º posto de Araceli de Roo na final de lanzamento de peso, cun mellor lanzamento de 8.35m (mellor marca persoal), a pesar de competir mermado polos problemas físicos derivados dun esguince. Na mesma proba, Lucía Castro acadaba o posto 11º ontendo tamén mellor mara persoal cun lanzamento de 6,64, moi meritorio tratándose dunha atleta infantil de primeiro ano.


Tamén destacou a participación de Gabriela Quintás en 2000 metros lisos, onde se facía coa 7ª praza cunha marca de 7'40". Completou a participación do club Carla Pérez, que acadou o 6º posto na semifinal de 50 metros lisos, non acadando a clasificación para a final. EN calquera caso moi boa actuación delas tamén, pois son deportistas de primeiro ano infantil.

O Campionato Galego de Pista cuberta na cal tomaron parte as mellores 12/16 marcas de cada especialidade e categoría é unha competición na que xa é complicado clasificarse, polo que estar ahí xa ten un enorme mérito. Noraboa as 4.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
bottom of page