A título individual Aída García rozou o podio co 4º posto absoluto e foi 2ª veterana, 1º posto sub 23 para Katia Senín e Cesar Otero 3º cadete. No dúatlon escolar participaron 16 deportistas do club con bronce para Víctor Bouzón
DÚATLON CIDADE DE SANTIAGO
Noutra tarde desapacible volveron competir os duatletas na segunda proba do circuíto galego onte pola tarde, no dúatlon Cidade de Santiago. A pesar de haber baixas nos equipos e de que ningún dos nosos deportistas se amosara moi satisfeito coa actuación realizada, acadamos o segundo posto en féminas, coa destacadísima actuación de Aída García 4ª absoluta e 2ª na categoria veterán, o 12º posto de Tania Garabatos e o 16º de Katia Senín, que era campioa sub23. En homes tamén se subíu o podio, esta vez ocupando o terceiro escalón, grazas a actuación de Manu Dosil, Miguel Daporta e Ismael García Carballo. Completaron a actuación do club na proba elite Cesar Otero, logrando en cadete o 3º posto, Julio Mallo e Fernándo Fernández e víanse obrigados a abandonas víctimas do frío Sergio Oliveira e Marcos Dobalo. Na proba sen corte tamén competiron Xurxo Carballo, Antón Barreiro e David Pastoriza.
Neste momento de publicación desta crónica non podemos facilitar os postos individuais oficiais, pero Manuel Dosil, Aída García e Tania Garabatos e, presumiblemente Miguel Daporta, acadaron xa o billete para o campionato galego, polo que o noso club xa garantiza clasificación por equipos ao ter 3 clasificados en cada categoría, logo de habelo xa logrando en Guitiriz Jacobo Crego e Katia Senín.
En resumo, unha proba na que non saían os nosos deportistas con moi bo sabor de boca, pero na que non obstante acadáronse dous podios por equipos. ¿estarémonos poñendo o listón demasiado alto?. A próxima fin de semana dúatlón de Riveira (3ª proba do circuíto galego) e outro prato forte en Orihuela, coa disputa do Campionato de España de Dúatlón de longa distancia.
DÚATLON ESCOLAR
Nunha moi desapacible mañá tivo lugar o dúatlon escolar, coa presenza de 16 deportistas da escola do noso club.
Víctor Bouzón acadaba o podio na proba cadete masculina, posto moi meritorio tendo en conta que ven dunha importante lesión e é unha categoría de 3 anos, sendo este o ano do seu debút. Moi destacada tamén a actuación de Alba Muñiz, 5ª na proba infantil. Aínda que no momento da publicación desta crónica non se poden precisar os postos, pois non dispoñemos de clasificacións oficiais, toda a expedición do club, con moitos debutantes, realizou unha gran actuacións. Os benxamíns Arón Lorenzo, Alex Cabo, Brais Otero, Hugo Cea, Mario Tizón, Xandre Pomar e Xosé Raviña; os alevíns André Cerdeira, David Muñiz, Diego Liñares e Domingos Pose e os infantiles André González, Xian Castro e Yolanda Mareque. Presumiblemente a maior parte deles estarán clasificados para o campionato provincial e os que non o lograran terán outra posibilidade no dúatlon escolar de Vedra, que se celebrarán en vindeiras datas.