6 equipos femininos e 47 equipos masculinos loitarán por facerse co título autonómico da modalidade. A proba arranca as 16:15

Mañá toca traballo por partida dobre, por unha parte como organizadores e por outra parte como competidores no que será o terceiro dúatlon concello de Vedra, organizado polo noso club.
Prevese unha temperatura baixa para a xornada de mañá pero as previsións son de que non chova durante o tempo de duración da proba. A inscrición, unha vez máis record (63 equipos e 351 duatletas) que deberán enfrontarse a un duatlón sprint (5 qm correndo, 20 qm en bici e 2,5 qm correndo), pero na modalidade de loita contra o crono e por equipos, pois os equipos estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes e é o cuarto integrante do equipo o que marca o tempo do mesmo en meta. A proba dará comezo as 16:15 coa saída dos equipos feminino, as 16:39 empezarán a saír os equipos masculinos e a partir das 17:12 sairán os equipos masculinos A, que loitarán polo campionato galego.
Polo que respecta a participación do noso club, presentanse 4 equipos (1 feminino e 3 masculinos) tendo moitas opcións os dous primeiros equipos, pese a non atoparse ao 100%. O equipo feminino estará integrado por Aída García, Tania Garabatos, Katia Senín e Tania Suárez, mentres que o equipo masculino A estará composto por Manuel Dosil, Kike Goce, Miguel Daporta, Cesar Otero, Xurxo Carballo e Sergio Oliveira. Os integrantes do equipo masculino B serán Marcos Dobalo, Alfonso López, Julio Mallo e Isma Carballo e os integrantes do equipo C serán Pablo Cabanelas, Fernando Fernández, Antón Barreiro e Nico Villanueva.
Agardamos dar o mellor de todos nós e que a proba, pese a non desenvolverse na climatoloxía desexada, sexa un éxito.