top of page

O sábado tamén competiron en Boiro 4 "olímpicos"


Sergio Oliveira, Antón Barreira, Fernando Fernández e Ismael García Carballo tomaron a saída na proba popular, que se celebrou con motivo do campionato de España de duatlón por equipos


Este sábado tamén participaban en Boiro, na proba popular que completaba a programación do campionato de España de clubes 4 dos nosos compoñentes: Sergio Oliveira, que por motivos laborales non puido participar co equipo o domingo, polo que sí disputou a proba do sábado; Fernándo Fernández, en plena preparación para o campionato de España de longa distancia e os debutantes Ismael García Carballo e Antón Barreiro.

A proba, malia ser popular, disputábase sobre distancia sprint, no mesmo recorrido que o día seguinte competiron os nosos equipos de segunda división.

En canto aos resultado, Sergio Oliveira rematou en octava posición, Ismael García Carballo en 27ª, Fernando Fernández na posición 58ª e Antón Barreiro no posto 90.

Este domingo volverán a ter unha cita co duatlón, no campionato galego de duatlón que organiza o noso club e no que se presentan un total de 3 equipos masculinos e dous equipos femininos.


non_a_violencia_de_xénero.png
non.png
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

bottom of page