14 "olimpic@s" mañá no Nada e Corre de Riveira


Catorce representantes, entre eles 6 debutantes, representarán mañá ao club no que é o arranque da modalidade de triatlón nesta tempada no Nada e Corre de Riveira.

En categoría benxamín Arón Lorenzo, Xandre


En categoría benxamín Arón Lorenzo, Xandre Pomar, Mario Tizón e María Fernández, deberán completar unha distancia de 50 metros a nado e 500 de carreira. Os alevíns Tareixa Pose, Domingos Pose e Rosana Fernández competirán sobre unha distancia de 100 metros nadando e 500 correndo. Alba Muñíz e André Gonzalez disputarán a proba infantil sobre 200 metros de natación e 1000 de carreira a pe. Xa por último os cadetes Carlos Sendiña, Cesar Otero e Marcos Dobalo nadarán 400 metros, e xunto con Víctor Bouzón, aínda recuperandose dunha lesión, correrán 2000 metros.

Nesta proba clasificanse en cada categoría os catro mellores para disputar a final autonómica, que terá lugar previsiblemente no mes de marzo. Moita sorte a tod@s!