Destacado 11º posto de Cesar Otero na carreira xuvenil, nunha proba na que se deron cita 9 deportistas do club
Na mañá de hoxe tiña lugar no concello de Friol o campionato galego cadete e xuvenil de cross. Ata alí desplazaronse os integrantes de ditas categorías do club.

As primeiras en correr, sobre un embarrado circuíto de campo a través puro, foron as integrantes do equipo cadete feminino. Alba Muñiz 69°, Paula Ruanova 70°, Yolanda Mareque 73º e Alba García 77°, completaban o equipo cadete, nunha proba sobre 2500 metros, acadando o 11º posto por equipos e acumulando experiencia, pois todas elas son integrantes de primeiro ano na categoría. Posteriormente, na proba cadete masculina, que se disputaba sobre unha distancia de 3500 metros, os tres integrantes do club completaban a sua carreira con Carlos Sendiña en 28ª posición, Xián Castro 39º e Víctor Bouzón 43º, no seu regreso a competición. A útlima proba da mañá era a xuvenil, onde Cesar Otero rematou na posición 11ª e Marcos Dobalo na 30ª, tras completar os 5000 metros dos que constaba esta categoría.