ademais acadou praza no campionato provincial Alba Muñíz, despois de acadar o 8º posto na proba cadete feminina.

Está mañá celebrouse na Alameda de Santiago de Compostela o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar coa presenza de doce deportistas do club. Moi destacada a actuación de Carlos Sendiña, que conquistou o terceiro posto na categoría cadete e se facía co billete para o campionato provincial de cross. Tamén foi moi destacado o papel do equipo infantil feminino que se proclamaba subcampión intercomarcal e lograba praza para o provincial grazas a actuación de: Gabriela Quintas 7°, Andrea Torres 12º, Lucía Castro 16°, Manuela Raviña 18º, Carla Pérez 23º e Carla Parada 34º. Completará a presenza do club no provincial Alba Muñíz, que se clasificou o acadar un meritorio 8º posto na proba cadete feminina. Completaron a participación do club nesta proba, pero sen a sorte de clasificarse para o campionato provincial, o benxamín Alex Cabo, cun reseñable 15º posto e as cadetes Paula Ruanova 17º, Yolanda Mareque 19º, Alba García 20°. Así pois, unha moi meritoria actuación de tódolos atletas, tanto dos que clasificaron como dos que non.

Na proba que se celebrará o vindeiro mes de febreiro previsiblemente en Ferrol e a que soamente teñen acceso os os 8 mellores clubes da provincia e os 32 mellores atletas individuais, o Olímpico de Vedra estará representado por 8 atletas. A seguinte parada das escolas deportivas do club, será o vindeiro domingo en Friol, coa disputa do campionato galego cadete e xuvenil de cross. Moita sorte a tod@s!!