

Club Olímpico de Vedra

HISTORIA
En xuño de 2005, despois de case un ano de xestación, nace o club Olímpico de Vedra. Este proxecto marcábase o obxectivo de fomentar a práctica deportiva dos rapaces e rapazas de Vedra e a súa comarca e o fomento da cultura dos valores deportivos como filosofía de vida. Hoxe, case sete anos despois, podemos asegurar que nin unha soa vez quebrantamos a persecución deses obxectivos, senón que os fixemos mais fortes, acadando cotas inimaxinables aquel día de xuño no que vía a luz o club, ata o punto de converternos nun referente deportivo na nosa comarca, e o que é máis importante, un exemplo de valores deportivos.
Os inicios non foron doados e tras un verán de xestións, no mes de outubro daban comezo as escolas deportivas do club. Neste mes tamén se convertía en presidente do club Antonio Otero, tras uns primeiros meses onde fora presidido por Ismael García. O club empezou coas seccións de atletismo e fútbol sala. Se ven pronto acadou a cifra dos sesenta deportistas, os primeiros anos o máis difícil foi poder dispor de instalacións dignas, mesmo tendo que derivar varias actividades a concellos veciños. A pesar disto logo chegaron, de xeito inesperado, os primeiros éxitos deportivos e en maio de 2006 Bárbara Penas conquistaba en Lugo o campionato galego de duatlón alevín e Tatiana Suárez, un mes máis tarde, o subcampionato galego infantil de probas combinadas en Pontevedra. No 2007 daríalle continuidade Inés Ferradáns, facendose en Santiago co primeiro doblete nun campionato galego dun atleta do Olímpico nas probas de disco e peso. Tamén chegaría o primeiro podio autonómico por equipos, ó facerse as rapazas do alevín feminino co subcampionato galego de duatlón. Estes primeiros éxitos teñen o nome de rapazas, pois dende o inicio o club Olímpico de Vedra caracterizouse, e segue a estar presente na actualidade esta circunstacia, por ser un club moi paritario en canto a número de licenzas femininas e masculinas.
Así as cousas, na tempada 2007-2008 o club acada a centena de fichas e continúa a derrubar barreiras. A impecable traxectoria, non exenta dalgún episodio de presión ante as institucións en defensa dos seus intereses, fan que o club acade por fin unhas condicións mínimas de adestramento en instalacións deportivas do concello. Prodúcese o segundo relevo na presidencia do club, cedéndolle o testigo Antonio Otero a Fernando García. Esta tempada crease a sección de tríatlon, coa integración tamén nela dos primeiros deportistas senior, pero sen perder nunca a vocación dunha base que segue e medrar a pasos axigantados. Nunha impresionante xornada de maio de 2008 o equipo alevín masculino conquista en Boiro o campionato galego de duatlón, Anxo Lema o campionato individual e as rapazas infantiles femininas fanse co bronce, mentres no mesmo día en Ourense, Andrea Espiño conquista ouro en 80 vallas e bronce en 220 vallas e Ines Ferradáns a prata en combinadas. O Olímpico remata esa tempada cun total de dez medallas autonómicas, a maiores das mencionadas, Anxo Lema conquista tres máis e Raquel Vaamonde faise con unha en marcha.
Na tempada 2008-2009 o club compite por primeira vez lonxe das nosas fronteiras, faino en Teruel no campionato de España de duatlón, onde o equipo cadete feminino se fai co cuarto posto a menos dun minuto do podio. Ese mesmo equipo conquista días despois o campionato galego en Tomiño, o infantil feminino o subcampionato, e meses despois chega o primeiro éxito colectivo nunha competición con auga, o acadar o bronce infantil mixto no campionato galego de biatlón. Ademais acádanse doce medallas individuais, elevado así a cota ata os quince podios nesa tempada, subindo por primeira vez o podio autonómico Ana Prado en xavelina, Katia Senín en Disco e Raul García en duatlón e acadando catro Anxo Lema (duatlón, tríatlon, 1000 e 3000), tres Raquel Vaamonde (dúas en marcha e unha en duatlón) e Inés Ferradáns (disco) xunto con Tatiana Suárez (combinadas), fanse con cadansúa medalla. Asimesmo nesta tempada o club aparece por primeira vez no ranking nacional de tríatlon no posto 87º.
No inicio da tempada 2009 o club sufre o seu primeiro gran revés o non ser capaz de formar equipos na sección de fútbol sala debido ó éxodo masivo de rapaces cara ó fútbol campo, véndose na obriga de disolver a sección deportiva. A imposibilidade de implantar a filosofía deportiva do club nesta sección debido a presión e a voraz competencia entre clubes na captación en categorías de base, xunto co escaso acerto técnico na dirección dos equipos e a perpetuación de ancestrais vicios futbolísticos con prioridade resultadista fronte á formación, foron factores que decisivos que desembocaron na desaparición da sección. Este contratempo de comezo, non reflicte para nada a que a posteriori sería a tempada máis exitosa do club ata a data. O descenso en fichas de fútbol sala vese equilibrado polo incremento nas seccións de atletismo e tríatlon, sobre todo coas incorporacións senior. Ademáis o club acada uns importantes apoios coa sinatura dun convenio co Concello de Vedra, e unha importante sponsorización dunha manchea de empresas.
Noutra histórica xornada en abril de 2010 en Xixón, o equipo cadete feminino logra o bronce no campionato de España cadete de duatlón, no que constitúe ata o momento o maior logro acadado por un equipo do concello de Vedra. Ese mesmo día Miguel Daporta, cambadés integrante do equipo absoluto do Olímpico de Vedra, proclámase nada menos que campión de España na categoría de 30 a 34 anos. Por se isto fora pouco, posteriormente en xullo os nosos deportistas máis xóvenes voltan a conquistar tres medallas nun campionato de España: Anxo Lema e Víctor Bouzón fanse co subcampionato de biatlón infantil e benxamín respectivamente, mentres que Daniel Bouzón conquista o bronce infantil. O club ademais conquista dous novos campionatos galegos de duatlón: cadete feminino e infantil masculino. Tamén virán parar a Vedra outras dez medallas autonómicas individuais: Anxo Lema, campión galego de duatlón e tríatlon; Dani Bouzón, bronce de duatlón, biatlón e tríatlon; Martina Freire subcampiona de triplo salto tanto en pista cuberta como ó aire libre; Alba Lema bronce en duatlón; Alba García, bronce bexamín en marcha e Silvia Deira acada o subcampionato galego en tríatlon cross. Nesta tempada tamén chega a primeira convocatoria dun atleta do Olímpico coa selección galega de duatlón, no nome de Raquel Vaamonde, que forma parte da selección galega xuvenil de marcha, que disputou o campionato de España por autonomías en Ibiza. O club ascende ó posto 68º do ranking absoluto español de tríatlon.
Na tempada 2010-2011 o club parte un ano co ilusionante reto de superar o acadado na tempada pasada, e para nada decepcionou. Os primeiros éxitos chegan co bronce do equipo cadete masculino no campionato galego de campo a través, posto que ademais lle vale para participar no campionato de España de Cross en Punta Umbría, campionato no que tamén estiveron presente as integrantes do equipo xuvenil feminino despois de acadar o 4º posto no campionato galego. Esta actuación tamén fai que Anxo Lema e Nico Villanueva sexan convocados pola selección galega de campo a través para participar no campionato de España de Cross na Morgal, en Asturias. No mes de Abril tamén participan no campionato de España de duatlón o equipo cadete masculino e duas féminas, conseguindo o sexto posto. Xa no mes de maio disputase en A Coruña o campionato de España de tríatlon sprint e Miguel Daporta proclámase campión de España no grupo de 30 a 34, mentres outro novo integrante da sección senior, Francisco Acosta, acada o subcampionato. Tamén no mes de maio Ana Prado é campiona galega xuvenil de xavelina, o que lle vale para formar parte da selección galega de atletismo en pista que disputou o campionato de España en León; e Daniel Bouzón faise co bronce no campionato galego cadete de biatlón, o que o convirte noutro novo seleccionado pola selección galega, esta vez de triatlón, participando no mes de xuño no campionato de España en Sanxenxo, acadando o 10º posto individual e conquistando o bronce por autonomías co Galicia. Pero xuño aínda nos deparaba outra sorpresa maior, e esta concretase en Pontevedra, onde o olímpico Miguel Daporta, esta vez defendendo as cores da selección española, se proclama subcampión de Europa de tríatlon na categoría de 30 a 34 anos. Posteriormente, para poñerlle colofón a súa excepcional tempada, faríase co bronce en Vigo no campionato de España de tríatlon. Tamén en Vigo foi onde se estivo a piques de ver un novo podio nacional por equipos, o equipo cadete feminino remata cuarto a menos dun minuto do podio no campionato de España cadete de tríatlon e Cristina García ocupa a 5ª posición tamén acariñando o podio. O equipo cadete masculino ocupa o posto séptimo. O longo da tempada tamén estivo a piques de facer podio Jose Aragunde, que rematara cuarto no campionato de España de duatlón cross, mentres que Alba Lema rematará as series nacionais cadetes de triatlón nunha moi meritoria sétima praza. Estes resultados xunto con outros, valenlle o club para ascender novamente no ranking nacional de clubes, nada menos que ata a posición 36ª.
No ámbito autonómico acádanse un total de 27 podios. Ademais dos mencionados anteriormente, os equipos cadete masculino e feminino conquistaban o subcampionato galego de duatlón, mentres que o club erixirase como a terceira mellor canteira de tríatlon de Galicia, ó acadar o bronce no campionato galego de categorías menores. Individualmente, ademais dos éxitos anteriores, Alba García faise con tres subcampionatos galegos en marcha, Navia López cos campionatos galegos alevíns en pista cuberta de altura e lonxitude e cos subcampionatos galegos nas mesmas probas en aire libre; Victor Bouzón conquista o galego benxamín de duatlón, o subcampionato de tríatlon, o bronce de biatlón e o subcampionato galego en lanzamento de peso; Nerea Ruanova suma un subcampionato galego de milla en ruta e o bronce nos 3000 en pista cuberta, Dani Bouzón engade outro bronce en triatlón, Raul García faise con sendos subcampionatos galegos de tríatlon e triatlón cross, Anxo Lema co bronce no campionato galego de duatlón, Alba Lema co subcampionato no galego de 1500 en pista cuberta, Raquel Vaamonde colle a prata xuvenil en marcha, Andrea Espiño conquista o bronce autonómico de 400 valados, mentres que Diego Álvarez acada o bronce galego alevín nos dous kilómetros marcha. Nesta tempada tamén acariñou o podio no galego o equipo xuvenil feminino de atletismo en pista, o ocupar un meritorio 4º posto no campionato galego.
O club remata a tempada en inmellorable situación deportiva, para afrontar un novo cambio directivo, unha vez completado o periodo 2007-2011 baixo a presidencia de Fernando García, outorgando o relevo na mesma a Juan Carlos Bouzón, con unha importante incorporación de cargos directivos, e ante unha nova etapa a 2011-2015, que se prevee como complicado no eido socioeconómico pola incipiente crise que afecta a empresas colaboradoras institucións.
Non obstante, nos primeiros meses da tempada 2011-2012, o club continúa a amosar unha impecable saúde deportiva, que demanda máis esixencias se cabe no ámbito da xestión do mesmo. Así pois, creanse as seccións de ciclismo e natación, e o club e recoñecido como Escola de Tríatlon pola Federación Galega de Tríatlon e Núcleo de Iniciación Básica ó Atletismo pola Federación Galega de Atletismo. Deportivamente en febreiro de 2012 xa chegan os primeiros éxitos, pois a nova fichaxe do club Iris Souto, acada o bronce no campionato galego de duatlón de montaña e en A Coruña, no campionato galego de pista cuberta, Andrea Espiño conquista dúas pratas en 200 lisos e 50 vallas junior, Raquel Vaamonde tamén conquista a prata nos 3000 na mesma categoría, e en xuvenil Nerea Ruanova e Cristina García proclamanse subcampioas en 3000 e 1500 metros lisos respectivamente. Daniel Bouzón e Anxo Lema dominan a final autonómica do circuito Nada e Corre na categoría cadete, e tres deportistas: Nico Villanueva, Nerea Ruanova e Cristina García son convocados pola selección galega xuvenil de campo a través, que compite no mes de marzo no campionato de España de cross por seleccións autonómicas. Tamén en marzo, no campionato galego de atletismo en pista cuberta das categorías menores, Victor Bouzón conquista o bronce alevín na proba de lanzamento de peso e Navia López acada o bronce infantil en salto de altura. O mes de maio iniciase de xeito espectacular no campionato de España de Duatlón en Águilas, onde Alba Lema conquista o subcampionato de España cadete feminino, e o equipo cadete masculino proclámase subcampión de España, a so 24 segundos do primeiro, metendo a 3 dos seus integrantes entre os 10 primeiros, irrumpindo con forza no panorama nacional. No campionato galego de milla en ruta 2 novas medallas para o Olímpico de Vedra, Raquel Vaamonde conquista a prata en categoría junior, mentras que Nerea Ruanova faise co bronce na proba xuvenil. Na segunda fin de semana de maio o equipo masculino cadete de duatlón conquista o campionato galego, completando así o seu periplo nas etapas de formación habendo sido campións galegos alevín, infantil en agora cadete de duatlón. O mesmo ocorre con Anxo Lema que conquista o campionato galego individual, habendoo feito así en tódalas categorías. Daniel Bouzón e Alba Lema acadan o subcampionato galego masculino e feminino respectivamente, na mesma proba cadete. Polo que respecta ó campionato galego de atletismo, Nerea Ruanova conquista o título autonómico de 5000 metros lisos xuvenil, Cristina García a prata no 1500 feminino e Nico Villanueva o bronce tamén no 1500. Seguindo cos éxitos no mes de maio o equipo absoluto feminino acada o subcampionato galego de duatlón, no que é o primeiro exito colectivo absoluto na historia do club, no mesmo campionato ademais Iris Souto conquista o campionato galego sub 23 e Cristina García o bronce en junior. Como colofón a un excepcional mes de maio, Nerea Ruanova é convocada pola selección galega de atletismo para acudir ó campionato de España por autonomías, onde conquista o bronce, convertíndose na primeira medalla nacional na modalidade de atletismo que acada o club. O mes de xuño iníciase coa mesma inercia e na primeira fin de semana Anxo Lema e Dani Bouzón protagonizan un novo dobrete na categoría cadete no campionato galego de biatlón, que lles vale ademais para ser convocados coa selección galega de triatlón para o campionato de España por autonomías onde Anxo acada o cuarto posto e Daniel o quinto na proba individual e lideran á selección galega na proba por relevos que conquista o subcampionato de España. No campionato galego de atletismo Araceli de Roo conquista o título en lanzamento de peso benxamín, Pablo Mejuto faise coa prata en marcha e o bronce en lanzamento de peso tamén benxamín, Noela Baltasar conquista a prata en marcha benxamín e Victor Bouzón acada o subcampionato galego en lanzamento de pelota alevín. En xullo Nerea Ruanova acude a Aranxuez ó campionato de España xuvenil individual, despois de ser a primeira atleta na historia do club de acadar mínima nacional, acada o 9º posto e soamente oito días máis tarde pon colofón a unha tempada excepcional, ó facerse coa medalla de prata no campionato galego de 5000 metros lisos en ruta. En triatlón Daniel Bouzón proclámase campión galego cadete, e Nico Villanueva e Alba Lema acadan o bronce masculino e feminino respectivamente na mesma categoría e Anxo Lema clasifícase en cuarta posición no campionato de España de Acuatlón, quedando a soamente un posto do podio e a un posto de clasificarse para o campionato de Europa Youth, como integrante da selección española. No mes de Agosto, Anxo Lema e Daniel Bouzón conquistan prata e bronce no campionato galego de acuatlón. No mes de setembro o Olímpico realiza en Pontevedra o mellor campionato de España da súa historia ó proclámase subcampión de España cadete masculino de triatlón, a menos de 30 segundos do primeiro clasificado destacando o cuarto e sexto posto de Daniel Bouzón e Anxo Lema respectivamente e logrando tres preseas a título individual nos grupos de idade: Miguel Daporta, subcampión de España en 35 a 39 anos, Francisco Javier Acosta subcampión en 55 a 59 anos e Iris Soto bronce no grupo de 20 a 24 anos.
A tempada 2012-2013 iniciabase co dificil reto de superar a anterior e en decembro, no campionato galego de marcha, Noela Baltasar, Sara Lema e Alba García, facíanse co ouro, a prata e o bronce respectivamente. A seguinte cita tiña lugar co campo a través, onde o Olímpico de Vedra xuvenil acadaba o subcampionato galego e clasíficábase para o campionato de España en Oropesa, acadando ademais Nicolás Villanueva a medalla de prata, o que lle valía para formar parte xunto con Anxo Lema da selección galega no campionato de España de campo a través por autonomías. Na pista cuberta o club voltaría a facer un bo papel, con Nerea Ruanova (ouro en 3000) e Anxo Lema e Cristina García bronce en en 1500 masculino e feminino respectivamente. En abril Iris Soto acadaría o bronce sub23 no campionato galego de duatlón en Compostela. Xa en Maio Nerea Ruanova faríase co bronce no campionato galego de milla en ruta e Raúl García e Victor Bouzón faríanse con sendos subcampionatos galegos de duatlón, mentras que Anxo Lema acadaría o campionato galego de 5000 metros en pista. Xa en xullo Noela Baltasar, Sara Lema e Alba García, voltarían a dar outras 3 novas medallas (ouro, prata e bronce respectivamente) para o sector de marcha do club, esta vez no campionato galego de marcha en pista. Cerrarían a tempada Victor Bouzón e Raúl García con sendos bronces no campionato galego de triatlón e Anxo Lema con subcampionato galego.
Os éxitos do curso 2013-2014, en decembro con dúas medallas no campionato galego de marcha en pista para Raúl Mejuto e Sara Lema, que acadaban dous subcampionatos galegos. No mes de febreiro no campionato galego de marcha en ruta Raúl Mejuto repetía subcampionato e Frans de Roo acadaba o bronce. Tamén en Febreiro, no debut da sección de natación, Manuel Abuin acadaba o subcampionato galego en 400 libres o o bronce en 100 estilos. Completaba un excelente mes Alba Lema, acadando o bronce no campionato galego de campo a a través e o ouro no campionato galego de pista cuberta en 3000 metros lisos. Estes resultados valianlle para clasificarse para disputar o campionato de España coa selección galega de cross. No mes de marzo a propia Alba facíase co subcampionato galego de duatlón e Araceli de Roo co subcampionato galego de lanzamento de peso en pista cuberta. Xa en xuño Frans de Roo acadaba o subcampionato galego de 1 km marcha e Anxo Lema o bronce nos 5000 metros lisos. En Xullo Daniel Bouzón conquistaba o bronce no campionato galego de acuatlón e en setembro era Anxo Lema o que facía o propio no campionato galego de triatlón, pechando así a tempada. Tamén no mes de setembro o club participaba por primeira vez no campionato de España de clubes, sen lograr o ascenso a segunda división, pero rematando o ano na posición 42ª.
A 2014-2015 iniciouse co ouro para Frans de Roo e a prata para Noela Baltasar, como non no campionato galego de marcha en pista, xa en febreiro no campionato galego de pista cuberta, Carla Pérez conquistaba o ouro en 50 metros lisos e Noela Baltasar o bronce en lanzamento de peso, as dúas en categoría alevín. Nese mesmo mes Sara Lema e Frans de Roo acadaban o subcampionato galego de marcha en ruta alevín e benxamín respetivamente e Noela Baltasar o bronce. Para rematar febreiro, Gabriela Quintás acadaba o subcampionato galego de campo a través alevín. Xa en abril, tamen Gabriela proclamaríase campioa galega de 1000 metros en ruta. Os éxitos de abril completaríanos kike Goce, ao proclamarse subcampión galego de duatlon en veteráns e o equipo absoluto masculino de duatlón que lograba o bronce no campionato galego, no que se convertía no primeiro gran éxito da sección absoluta masculina do club. No mes de maio o equipo alevín feminino acadaba o campionato galego de atletismo en pista por clubes en dita categoría, Víctor Bouzón proclamábase campión galego infantil de duatlón e os equipos infantil masculino e cadete masculino que tamén obtiñan o bronce no campionato galego escolar de duatlón. O mes de xuño viña tamén cargado de medallas e no campionato galego de atletismo en pista a alevín Carla Pérez facíase co outro en 60 metros e 0 bronce en 500, Noela Baltasar facía o propio co ouro en 2 km marcha e o bronce en lanzamento de pelota alevín, Gabriela Quintás obtiña o ouro en 2000 metros lisos alevín, Araceli de Roo proclamábase campioa galega infantil en lanzamento de disco, Sara Lema obtiña o bronce en marcha alevín e Ignacio Seijo tamén obronce en lanzamento de disco infantil. Pero o mes de xuño aínda deparaba éxitos maiores, que chegaron a nivel estatal, con 2 subcampionatos de España, os acadados polo equipo sub23 no campionato de España de triatlón e no campionato de España de Acuatlón, nesta útimo, Miguel Daporta tamén obtiña a medalla de prata no grupo de 35 a 39 anos. Xa en xullo Víctor Bouzón conquistaba a medalla de prata infantil no campionato galego de triatlón e o club recibía a noticia de que o equipo absoluto feminino estaba clasificado para disputar a Segunda División da Liga Nacional de Clubes de Duatlón en 2016, competición a que soamente teñen acceso os 20 mellores clubes de España.
O longo destes anos o club tamén organizou importantes probas como foron os campionatos provinciais de duatlón en idade escolar nos anos 2008, 2009, 2010 e 2012, os Duatlóns Escolares de Vedra nos anos 2007, 2008, 2009, 2011, 2013 e 2014, a Carreira Popular de Vedra nos anos 2009, 2010 e 2011, 2012, 2013 e 2014 acadando a cifra de case 1000 inscritos nos últimos anos, os Dias do Deporte de Vedra nos anos 2006, 2007 e 2008, a Ruta BTT da Camelia nos anos 2013 e 2014 e o Duatlón Concello de Vedra no ano 2014, proba que foi parte do circuíto galego de duatlón de Estrada. No 2015 o club acolleu o primeiro campionato autonómico de Duatlón Contrarreloxo por equipos, resultando un rotundo éxito.
Ata aquí chega esta historia, da que esperamos quede aínda moito máis por escribir. Pero moito máis aló de todos estes méritos que acabamos de reseñar, o máis importante que acadou o club nestes anos foi crear un espíritu en torno ó significado das palabras Olímpico de Vedra. A autosuperación, a disciplina e o espíritu de sacrificio, o respeto as normas e os demais, o traballo con sentido común, o orgullo de ser humildes pero non inferiores a ninguén e de pasear o nome da nosa terra aló por onde nos propoñamos. Eses valores forman o Olímpico de Vedra e xunto coas vivencias inesquecibles de todos estes anos, fan que a presenza deste espíritu no noso club goze de moi boa saúde, e permaneza xa para sempre de modo inquebrantable no ser de todos os que tivemos a sorte de pertencer a el, de formar parte do CLUB OLÍMPICO DE VEDRA.