Santiago Soleto completa o ironman Northwest Trimán en As Pontes

Cun tempo de 10 horas e 15 minutos rematou como 5º veterán no campionato galego nunha cita na que tamén participou na distancia half Toño Matalobos.


Este domingo día 16 disputábase nas Pontes de García Rodríguez o triatlón de longa distancia Northwest Trimán, o único de distancia ironman que se celebra en Galicia e que conta tamén cunha proba half (medio ironman).


Ata alí desprazábanse 2 deportistas do club Olímpico de Vedra dispostos a participar na distancia ironman Santiago Soleto e na media distancia Toño Matalobos. Atopáronse cunhas condicións moi adversas, véndose obrigados a suspender a natación pola intensa neboa, aínda que a climatoloxía tamén era moi adversa, pois déronse varias hipotermias, obrigando a substituir o segmento de natación por un primeiro segmento de carreira a pé (8 km en Ironman e 4 en medio ironman)


Santiago Soleto remataba cun na proba ironman (8 km de carreira, 180 de ciclismo e 42,1 novamente de carreira) nunha moi reseñable 63ª posición, empregando un tempo de 10 horas 15 minutos e 44 segundos, que lle permitían rematar 13º no campionato galego de longa distancia e 5º veterán, moi preto do podio, pois esta distancia era á súa vez o campionato galego de longa distancia 2019.


Pola súa parte Toño Matalobos empregaba un tempo de 5 horas e 32 segundos en rematar a proba medio ironman (4 km carreira, 180 km ciclismo e 21 de carreira) o que lle permitía rematar no posto 135 da proba.


Parabéns aos dous porque se o simple feito de rematar unha proba destas distancias xa é motivo de satisfacción, facelo nestas condicións é unha proeza. Parabéns!!




WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com