Salientable participación no provincial infantil de atletismo

Actualizado: 28 de may de 2019

Varios quintos postos e moitas marcas persoais a nivel individual, mentres que o relevo 4x80 obtiña a primeira posición (aínda que esta proba era fora de campionato).

Este pasado domingo disputábase o campionato provincial de atletismo infantil en pista que poñía punto a final a tempada o programa "Xogade" en dita categoría. Ata as pistas da Malata, en Ferrol, desprazábanse 7 deportistas do club Olímpico de Vedra, dispostas a dar a súa mellor versión.


Gran actuación do equipo de relevo 4x80, composto por Nerea Martínez, María Pereira, Ainhoa Aldrey e Sandra Rilo, que con un tempo de 48"05 remataban en primeira posición. A nivel individual Nerea Martínez era quinta na proba de 80 metros lisos cun tempo de 11"07, tamén quinta remataba María Pereira logo de acadar unha marca 3'41" nos 1000 metros lisos (as dúas mellorando a súa anterior marca persoal), Claudia Ferreiro lanzou 11 metros 75 cm. en xavelina mellorando a súa marca e rematando en 12ª posición, mentres que en disco era 13ª logo de rexistrar un mellor lanzamento de 11 m. 28 cm. Arón Lorenzo competía nos 2000 metros lisos, mellorando a súa marca ata parar o reloxo en 7'22" e rematando na 5ª posición, mentres que Alex Cabo ocupaba a 10ª posición nos 150 metros lisos cun tempo de 23:08 e a 11ª nos 500 metros lisos marcando un rexistro de 1'38".

Así pois unha moi salientable participación, da que se espera que se obtiveran algunhas marcas que lles permitan estar presentes no campionato galego federativo, que cerra a tempada a mediados de xuño.

Parabéns a tod@s!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com