Proveitosa xornada para @s nos@s atletas no Circuíto de atletismo de Vigo

Este sábado día 15 de xuño celebrábase a 3ª xornada do IV Circuíto de atletismo en pista do concello de Vigo.



Nel tomaron parte 3 atletas do club na procura de acadar melloras nos seus rexistros. Asier Cabo acadou o 4° posto na proba de triple salto con un mellor rexistro de 11 metros 15 centímetros, Carla Pérez acadou o 5°posto nos 600 metros lisos cunha marca de 1' 47" e Manuel Sánchez acadou o 8°posto en 600 metros lisos cun tempo de 1' 52", mellorando en 10 segundos a súa anterior plusmarca.


Unha nova xornada competitiva moi pois proveitosa para @s nos@s atletas. A seguir así!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com