© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

O Olímpico de Vedra subcampión da proba inicial do circuíto galego de dúatlon


César Otero campión sub23 e Víctor Bouzón subcampión junior, fan cuarto e quinto da xeral respectivamente e logran o pase para o campionato galego xunto con Miguel Daporta e Juan Cepeda



Arrancou de maneira máis que satisfactoria o circuíto galego de duatlón en Moraña este domingo nunha proba que contaba finalmente coa presenza de 6 deportistas do noso club. Excepcional proba a protagonizada por César Otero e Víctor Bouzón, en todo momento nos postos de privilexio da proba, rematando finalmente cuarto César, que tamén se facía coa victoria na categoría sub 23 y quinto Víctor, que lograba subir ao segundo chanzo do podio na categoría junior.


Moi salientable tamén a participación de Miguel Daporta, que obtiña o 15º posto e posibilitaba así xunto coa actuación dos dous primeiros, que o equipo lograse o segundo posto da xeral a soamente 11 segundos do primeiro clasificado, Nautico Narón. Ademais dos 3 deportistas xa mencionados lograba tamén o pase para o campionato galego Juan Cepeda, rematando nunha salientable posición 21ª da xeral. Tamén na proba elite participaba Adrián Picallo, que pese a rematar no posto 34º vai optimizando a súa posta a punto e non nos cabe dúbida que materializará o pase para o campionato galego en vindeiras datas. Na proba sen corte tamén competíu Fran Cuenca ocupando a posición 72ª da xeral conxunta das dúas probas.


Lamentar a ausencia por un asunto de índole persoal de Yago Carballo e a lesión de última hora de Oscar Valle, que non lles permitíu participar na proba. Dende aquí mandamoslle moito ánimo e esperámolos xa pronto dando guerra.

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -