O campionato de España de triatlón e acuatlón afianzan ao club no ranking

O 12º posto do o equipo absoluto feminino en acuatlón e o 20º do equipo cadete feminino, que tamén foi 18º en acuatlón permiten seguir no top 30 estatal. A lástima foi que por segundo ano consecutivo o equipo cadete masculino non logrou puntuar.


O 8 e 9 de xuño disputábase na cidade almeriense de Roquetas de Mar o campionato de España de triatlón distancia sprint absoluto, cadete e junior e mais o campionato de España de acuatlón. A cita acudía unha expedición do Olímpico de Vedra un pouco mermada polas datas do campionato.


O sábado era o turno do triatlón, onde a sorte foi esquiva na categoría cadete masculina, onde Martiño Iglesias, que chegaba a 2ª transición na cabeza da proba, víase obrigado a abandonar por unha lesión. Unha auténtica magoa pois chegaba a esta proba con moitísimas opcións de estar no mais alto. Nesa mesma categoría André González e David Amigo remataban na posición 148 e 157, pero o equipo non lograba puntuar.


Mais sorte tiveron as representantes do equipo cadete feminino, que lograron un meritorio 20º posto logo de que Gabriela Quintás rematara na 82ª posición, Andrea Iglesias na 107ª e Sabela Rey no posto 132º, no que era o debut nun campionato de España cadete de triatlón para as 3.


Posteriormente competiron en categoría junior Marián Ferrán, debutante tamén e rematando na posición 39ª . En grupos de idade competiron César Otero no posto 42º no grupo de 20 a 24 anos e Elena Míguens que remataba na 5ª posición no grupo de 45 a 49 anos. Tod@s competiron nunhas condicións de moi mala mar, polo que o feito de rematar xa foi suficiente.


O domingo no acuatlón, a única opción de puntuar para o ranking de clubes era o equipo absoluto feminino. Dese xeito Marián Ferrán e Tania Garabatos saían na proba elite, rematando nos postos 54º e 55º, o que xunto coa posición 8ª de Elena Míguens no grupo de 45 a 49 anos lle daba ao club o posto 12º na proba e uns valiosos puntos para o ranking.


En elite masculino competíu César Otero, que rematou no posto 62º e completaron a actuación o equipo cadete feminino, no 18º posto cunhas moi salientables actuacións de Gabriela Quintás (54ª), Andrea Iglesias (98ª) e Sabela Rey (114ª) e os dous cadetes masculinos que podían competir: David Amigo (145º) e André González (172º).


Próxima parada no campionato de España de triatlón por clubes en Boiro. Un dos grandes obxectivos da tempada. Moita forza!!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com