© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

Moi bo papel d@s nos@s no triatlón de Negreira

O cadete Martiño Iglesias segundo absoluto, Elena Míguens campioa veterana e Marián Ferrán 1ª junior e en xeral gran participación do club

O pasado sábado disputábase o triatlon solidario de Negreira e ata a vila de Barcala desprazábase unha nutrida delegación do club, buscando a súa posta a punto para as vindeiras e importantes competicicións que se disputarán en xuño.


En categoría masculina gran actuación de Martiño Iglesias, que obtiña o 2º posto absoluto na proba, posteriormente entraron en meta Xián Castro, Adrián Picallo, Fran Cuenca, Alex Castro, André González e André García e a xeralmente non rematar a proba con grandes sensacións, si que avanzan cara os próximos obxectivos individuais e do club.


En categoría feminina, onde 4 deportistas debutaban sobre a distancia sprint, a primeira do club en cruzar a liña de meta foi Andrea Espiño, seguida de Elena Míguens (1ª veterana), Gabi Quintás, Marián Ferrán (1ª junior), Andrea Iglesias, Tania Garabatos e Sabela Rey. Foi tamén unha boa toma de contacto co triatlón, nunha proba cuns circuítos moi esixentes, que fai ser optimistas de cara os vindeiros retos.


A seguir así!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -