Excelente actuación d@s nos@s atletas cadetes nos trofeos desta fin de semana

Marcas persoais para Asier Cabo e Diego Liñares e mellores marcas da tempada para Carla Pérez e Manuela Raviña que da mostra do gran estado no que chegan a recta final da tempada

O sábado tiña lugar a cuarta xornada da Copa Diputación de Ourense de atletismo nas pistas de atletismo do campus da cidade das Burgas e ata alí desprazábanse 3 atletas do club Olímpico de Vedra na búsqueda de mellorar as súas marcas.


Nos 100 metros lisos Manuela Raviña remataba no terceiro posto cunha marca de 13"13 e Carla Pérez era sexta con 13"51, as dúas conseguindo a mellor marca da tempada na proba. Carla era ademais segunda nos 300 metros lisos cun tempo de 43"48.


Pola súa parte Diego Liñares conseguía dúas marcas pesoais: nos 100 metros lisos cun tempo de 12"76 o que lle valía para ser segundo da súa serie o octavo da xeral, mentres que nos 300 metros lisos era segundo cun tempo de 44"45.


Xa o domingo Asier Cabo desprazábase ata Lugo onde tiña lugar nas pistas do estadio Gregorio Pérez Rivera o Trofeo Lucus Caiza Rural.


Participaba na proba de salto de lonxitude onde cun mellor salto de 5 metros 50 centímetros obtiña unha nova mellor marca persoal e o terceiro posto na proba. Tamén participaba nos 100 metros lisos onde despois de obter unha marca na semifinal de 12"96 pasaba a final para rematar na 7ª posición cun tempo de 12"97. Excelente pois a actuación de Asier pois logra mellorar no salto de lonxitude en case 20 centímetros a súa anterior marca.


Fantástica actuación así d@s nos@s atletas conquerindo senón marcas persoais si mellores marcas da tempada o que da boa mostra do gran estado de forma no que chegan ó final da tempada.


Parabéns!!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com