Destacada actuación d@s nos@s triatletas no galego de triatlón sprint

Elena Míguens lograba o ouro veterán feminino, nunha proba na que destacou Andrea Espiño no posto 16º e xunto a Sabela Rey lograban o 6º posto por equipos. Na proba masculina destacaron tamén Miguel Daporta e Adrián Picallo



O pasado sábado tiña lugar o campionato galego de triatlón sprint na cidade de Pontevedra. Tomaban parte nel 5 deportistas do noso club.


Na categoría feminina as rapazas logo do 16º posto de Andrea Espiño, o 19º de Elena Míguens e o 25º de Sabela Rey lograban o 6º posto por equipos da xeral. Elena lograba ademais proclamarse campioa galega na categoría de veterán 1. Moi destacada pois a actuación das nosas rapazas, que ademais de lograr moi boas actuacións persoais conquistaban un posto moi reseñable para o equipo.


En homes contabamos con 2 representantes Miguel Daporta, que ocupaba a posición 24ª (5º na categoría veterán) e Adrián Picallo que remataba no posto 41º.


Malia non puntuar por equipos na categoría masculina compre destacar a estes deportistas que foron 2 dos grandes artífices para que se mantivera a categoría na 2ª división da liga nacional de duatlón baténdose na proba elite. @s 5 aportaron tamén moito para lograr o ascenso a 2ª división de triatlón.


Tamén estivo presente en Pontevedra, pero na proba open Fran Cuenca ocupando o 34º posto da xeral.


Parabéns a tod@s

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com