Catuxa Lodeiro e Miguel Castro podio no Nada e Corre de Ourense

Os dous, xunto con Yeray Valle e Xoan Lodeiro clasificáronse para o campionato galego, co que serán xunto a Gabi Quintás xa clasificada previamente, os 5 representantes do club na cita autonómica


Este sábado tiña lugar no municipio de Pereiro de Aguiar o 2º e último clasificatorio da nosa zona de Nada e Corre. Ata alí desprazouse un nutrido grupo de 15 deportistas da nosa escola de tríatlon, coa idea de lograr a clasificación para o campionato galego.


Os primeiros en entrar en escena foron os benxamíns, categoría na que Miguel Castro obtiña un excepcional 3º posto e Xoan Lodeiro lograba tamén un moi reseñable 4º posto, logrando así os 2 a clasificación para o campionato galego da modalidade. Tamén competiron moi ben, pese a non lograr a clasificación, Álvaro Iglesias (8º), Paulo Pomar (12º) e Isaac Otero (19º).


Na categoría alevín feminina Catuxa Lodeiro tamén lograba o pase para o campionato galego logo de obter unha fantástica 3ª posición. Na categoría masculina Yeray Valle remataba tamén nunha fabulosa 4ª posición logrando tamén así o pase, mentres que Pedro Iglesias obtiña un reseñable 10º posto que non lle permitía clasificarse.


En infantiles ningún dos integrantes da expedición lograba o pase, pero realizaban moi salientable proba rematando en categoría masculina Arón Lorenzo 11º, Hugo Cea 21º, Brais Otero 27º e Xandre Pomar 29º; mentres que na categoría feminina María Pereira era 14ª.


Na proba cadete, maúsculos erros nas anotacións dos xuices na primeira serie de natación, como puidemos constatar cun video, dou o traste coas opcións de clasificarse para o campionato galego de Andrea Iglesias. Un 8º posto, que o noso xuizo debeu ser 7º deixouna por un so posto fora da cita autonómica. Gabi Quintás, xa clasificada rematou na 6ª posición. En calquera caso gran actuación das dúas mostrando grandes valores deportivos aos mais pequenos.


Parabéns a tod@s!!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com