A nosa canteira segue avanzando no 4º Trofeo do Barbanza



O sábado 8 de xuño tiña lugar no estadio da Alta en Cabío o trofeo de atletismo do Barbanza ao que acudeu unha numerosa representación do club Olímpico de Vedra.

Destacou o resultado do equipo de relevos mixtos, formado por Manuela Raviña, Carla Pérez, Asier Cabo e Diego Liñares, que ocupou a 2ª posición absoluta.


A nivel individual na categoría cadete Carla Pérez venceu na súa serie de 300 metros lisos, Manuela Raviña acadou o 2º posto absoluto nos 100 metros lisos, Asier Cabo logrou o 2º posto absoluto na proba de lonxitude e Diego Palmas foi cuarto na súa serie de 300 metros lisos.


En infantil Claudia Ferreiro logrou o terceiro posto en lanzamento de xavelina, logrando ademais marca persoal con 13 metros e 53 centímetros, María Pereira rematou no 5º posto en 500 metros e Álex Cabo nos 500 metros ocupaba o 6º posto. Completou a actuación do Olímpico na proba Lorena Pegito co 6º posto nos 60 metros lisos.

Continúan así pois afinando para as últimas probas da tempada.


Parabéns e a seguir asi!

WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com