Gran actuación d@s nos@s benxamíns no clasificatorio para o campionato provincial


Lograron un importante número de marcas persoais, que de seguro lles van permitir clasificarse para o campionato provincial da categoría

Este sábado tiña lugar no estadio da Alta, na Pobra do Caramiñal, o segundo e último clasificatorio para o campionato provincial de atletismo, do programa Xogade.

Nel estiveron presentes 4 benxamíns do Olímpico de Vedra, que acadaron uns moi excelentes resultados.


Carlota Blanco foi primeira na súa serie de 50 metros lisos, mantendo a marca que tiña anteriormente, e nos 500 metros lisos conseguiu tamén rebaixas a súa marca en 4 segundos

Iker Leal, gañaba a súa serie de 50 metros lisos, mellorando súa marca e lograba o 2º posto na proba do 1000 metros mellorando a súa marca en case medio minuto.

Damian Espiño era cuarto nos 50 metros pero mellorando case medio segundo a súa anterior marca e acadando un bo posto no seu debut nos 1000 metros lisos.

Daniel Senra tamén mellorou moito a súa marca nos 50 metros lisos e aínda que lle costou un pouco máis no seu debut sobre os 1000 metros lisos tamén realizou unha gran carreira.

De seguro que estas marcas lles valen para lograr o pase ao campionato provincial, e poder así desfrutar dunha nova xornada de atletismo, na que seguir aprendendo e mellorando como atletas.

Parabéns


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com