Boa actuación dos nosos atletas alevíns e benxamíns na 2ª xornada clasificatoria de atletismo en pis


6 deportistas destas categorías do club competiron na Pobra, tratando de facerse con marcas para estar na fase provicial.


Na mañá de hoxe disputábase no estadio da Alta, na Pobra do Caramiñal a 2ª xornada clasificatoria do programa Xogade de atletismo en pista en idade escolar de probas estandar para a categoría alevín e probas combinadas na benxamín.

Ata alí desprazábanse un total de 6 deportistas do club. Na categoría alevín Lorena Pegito, Carlos Lázara e Paio Rubido participaban na proba dos 60 e 500 metros lisos, Iago Lago nos lanzamentos de peso e pelota e Miguel Anxo Torres en lanzamento de pelota e 500 metros lisos. Na categoría benxamín Lucía Senín tomaba parte nas probas combinadas.

A falta de confirmar resultados oficiais, todos tiveron moi reseñables actuacións, destacando o segundo posto tanto en lanzamento de peso como de pelota de Iago Lago e o tamén 2º posto de Lucía Senín en combinadas, logrando así os dous o pase para o campionato provincial.

Parabéns a tod@s polo voso esforzo nun día de condicións difíciles coma o de hoxe


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com