Inauguración do programa Xogade de atletismo en pista co primeiro clasificatorio benxamín e de combi


7 deportistas das categorías benxamín e infantil inauguran a tempada de atletismo ao aire libre


Un total de 7 deportistas do club desprazáronse ata o estadio da Alta, na Pobra do Caramiñal, para disputar a primeira xornada de atletismo en pista. Na categoría benxamín Carlota Blanco, Xulia Rodríguez, Daniel Senra e Damian Espiño tomaron parte nos 50 e 500 metros lisos, Lucía Senín participaba nos lanzamentos de peso e pelota, Xulia Rodríguez nos 50 metros lisos e en marcha e Iker Leal nos 50 e 1000 metros lisos. Nas probas combinadas infantís tomou parte Álex Cabo.

Foi unha boa xornada clasificatoria a vivida hoxe en A Pobra, onde destacaron cos seus rexistros Xulia Rodríguez que fixo marca persoal en 1 km marcha con 7:32 acadando o primeiro posto da proba conxunta masculina e femenina. Moi boa actuación tamén a de Lucía Senín que acadaría

unha nova plusmarca no lanzamento de pelota con 14.14 metros. Gran rexistro tamén o de Álex Cabo que la lonxitude da proba de combinadas chegou ata os 3.82 metros, o que é unha nova marca persoal para él, pero en xeral foi unha gran xornada na que tod@s estiveron a un gran nivel.

Parabéns a tod@s pola vosa actuación.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com