3 mellores marcas persoais nas 3 participacións nos campionato galegos


No galego de 3000 César Otero foi 4º sub 23, Víctor Bouzón 5º sub 20 mentres no de marcha Iago Lago remataba 10º en sub 12, todos eles obtendo marca persoal.

A tarde do sábado tiña lugar na Pobra do Caramiñal o campionato galego de marcha en ruta. Nel participaba o marchador do club Iago Lago, que logo de completar unha exitosa tempada pasada na categoría sub 10, afronta esta tempada buscando a adaptación a nova distancia dos 2 kms. Iago cruzou a liña de meta cun tempo de 15 minutos 9 segundos, logrando a 10ª posición na categoría, mellorando en 13 segundos a súa anterior marca acadada no mes de novembro sobre pista, o que lle da aínda máis valor a súa melllora, e mostra que segue a traballar a reo ilusionando de cara a próximas citas.

Xa o domingo era o turno do campionato galego de pista cuberta, onde tiñamos 2 representantes, logo de caer da convocatoria por enfermidade Martiño Iglesias. No que constituía o debút dos nosos dous deportistas na flamante pista cuberta de Expourense, César Otero cun tempo de 9 minutos 27 segundos e Víctor Bouzón con 9'28" acadaban sendas marcas persoais e remataban 4º e 5º respectivamente nas categorías sub23 e sub20. Sen levar unha preparación específica para estas probas, a estas alturas da tempada indica que están a progresar adecuadamente de cara os vindeiros retos competitivos.

Parabéns!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com