Catro podios na primeira xornada de cross escolar


Destacaron a cadete Gabriela Quintás e o benxamín Alvaro Iglesias, vencedores das súas probas, María Pereira (2ª infantil) e Asier Cabo (3º cadete), nun día cun bo número de clasificados para o intercomarcal

O pasado sábado disputábase no compostelán parque Eugenio Granell o campionato comarcal de campo a través, co que se daba o pistoletazo de saída da tempada de cross escolar, dentro do programa Xogade. Nunha mañá cunha climatoloxía de auténtico campo a través dábase cita unha nutrida expedición das nosas escolas logrando un gran número de clasificados para a seguinte fase.

En cadete destacaron as actuacións de Gabriela Quintás que acadaba o primeiro posto na proba feminina e que xunto ao 11º posto de Carla Pérez, o 15º de Andrea Iglesias, o 25º de Andrea Torres e o 26º de Manuela Raviña, permitianlle ao equipo ao equipo lograr o pase para a seguinte fase; e en categoría masculino moi salientable 3º posto para Asier Cabo que xunto ao 13º de Diego Liñares e o 16º de Manuel Sánchez tamén lle permitían ao equipo masculino pasar á seguinte ronda.

En infantil un fantástico 2º posto na categoría feminina dáballe a María Pereira o pase para a seguinte fase, para a que non logrou clasificarse ao non ter equipo Claudia Ferreiro (32ª posición). En rapaces un meritorio 6º posto de Arón Lorenzo permitíulle colarse na seguinte fase, na que salvo repesca non estará o resto do equipo: Alex Cabo 18º, Hugo Cea 28º e Marcos Sigüeiro 46º.

Na categoría alevín ningún dos nosos cativos lograba o pase para a fase seguinte pero mostraban os seus avances. Na categoría feminina Laura Rodríguez debutaba co club nunha reseñable 12ª posición mentres que na cateogoría masculina Yeray Valle era 18º, Miguel Anxo Torres 24º, Carlos Lázara 31º, Pedro Iglesias 38º, Paio Rubido 39º e Iago Lago 51º.

Por último na categoría benxamín, onde debutaban a maior parte d@s nos@s atletas dun xeito inmellorable. Primeiro posto na categoría masculina para Álvaro Iglesias, 14º Iker Leal, 15º Paulo Pomar, 17º Damian Espiño e 26º Daniel Senra logrando o pase como equipo para a seguinte fase. Na categoría feminina Xulia Rodríguez grazas a un 6º posto clasificábase de forma individual para a seguinte fase, mentres que Lucía Senín 29ª non podía entrar ao non ter equipo nesta categoría.

En calquera caso, e a pesar da choiva, unha gran mañá de campo a través que demostra unha vez máis a gran saúde da que goza a nosa canteira e cun importantísimo número de clasificados para o campionato intercomarcal que terá lugar no mesmo escenario o sábado 19 de xaneiro.

Parabéns a tod@s!!

RESULTADOS

https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/10/rs151218.pdf


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com