Sábado 15 de decembro Nada e Corre en Teo


O club colabora coa empresa Beone, xestora da piscina municipal de Teo para a organización deste evento de promoción


A partir das 16:30 do vindeiro sábado colaboraremos co persoal da piscina climatizada de A Ramallosa na organización dun Nada e Corre, no que poderán participar todos as nenas e nenos maiores de 11 anos e os adultos.

A proba disputarase sobre distancias moi asequibles adaptadas as distintas categorías, pois a finalidade do evento non é outra que disfrutar dun día a carón do deporte e promover a práctica deportiva.

A inscrición pode realizarse ata o mércores día 12 de decembro directamente na piscina e o evento dará comezo as 16:30 da tarde do sábado 15 de decembro. Animamos pois a tod@s a participar e agradecemos ao concello de Teo e a Beone por promover e permitirnos colaborar con esta fantástica iniciativa.

Deste xeito o club conclúe un intensísimo 2018 a nivel de organizacións e actividades de promoción participando na organización de 9 eventos:

- Campionato Galego de duatlón contrareloxo en Vedra o 17 de febreiro

- Ocean Lava Galicia triatlón en Cambados o 29 de abril.

- Campionato galego de duatlón escolar en Vedra o 12 de maio.

- Actividade de promoción atletismo divertido en Vedra durante o mes de xuño.

- Actividade de promoción triatlón divertido en Vedra durante o mes de xullo.

- II Cross do Souto o pasado 24 de novembro en Vedra.

- Colaboración co concello de Vedra na Carreira Nocturna Solidaria celebrada en xaneiro .

- Colaboración co concello de Vedra na Ruta BTT de Camelia que tivo lugar no mes de febreiro.

- E finalmente colaboración co concello de Teo e Beone no Nada e Corre.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com