IAGO LAGO 9º NO SEU DEBUT NA CATEGORÍA SUB12 DE MARCHA


Completou a proba en 15 minutos 22 segundos, nunha xornada na que ademais recibíu o galardon de 2º clasificado no circuíto galego benxamín na tempada 17-18

O pasado sábado disputouse o campionato galego de marcha en pista en Narón, no estadio municipal Rio Seco. A proba constituía o primeiro campionato autonómico da tempada 2019 e na categoría sub 12 (alevín) estivo presente o noso marchador Iago Lago.

O campionato galego en dita categoría disputase sobre a distancia de 2 quilómetros e Iago acadou o posto 9º, cun tempo de 15:22, no ano da súa estrea na categoría. Foi ademais un día especial para Iago, pois recolleu de mans do director da escola galega de marcha o galardón que o acredita como o 2º clasificado no Circuito Galego de Marcha da tempada recentemente rematada tempada 2017-2018, premiando así a regularidade e bo facer nas disciplinas de marcha durante toda a tempada.

Moitos parabéns Iago!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com