OCEAN LAVA GALICIA E DUATLÓN DE VEDRA UNEN OS SEUS CAMIÑOS


O duatlón de Vedra pasará a formar parte das Series Ocean Lava Planet, con eventos en máis de 10 paises de toda Europa


É para nós unha enorme honra anunciar esta nova. Kenneth Gasque Island Sport Events, S.L, Concello de Vedra e Club Olímpico de Vedra chegan a un acordo de colaboración para el nacemento da proba Ocean Lava Galicia Duatlón por Equipos.

As boas relacións forxadas entre o club Olímpico de Vedra e Ocean Lava Planet, e a nosa acreditada solvencia organizativa, fan que a firma con sede en Lanzarote e que conta con eventos en España, Portugal, Bélxica, Chipre, Eslovenia, Grecia, Irlanda, Malta, Montenegro, Polonia e Reunión Island, inclúa Vedra, dentro das súas sedes como unha proba con personalidade propia.

Ocean Lava foi fundada polo mítico Kenneth Gasque. Un danés que dende a súa chegada a Lanzarote en 1983 para dirixir un club de referencia en vacacións activas a nivel mundial como é o Club La Santa, foi o pioneiro ao promover o triatlón Volcano (o primeiro en territorio español) e en 1992 organizar o emblemático Ironman de Lanzarote, do que foi director ata a actualidade. En 2010 creou Ocean Lava, con unha proba en Lanzarote, para dar paso en 2014 as Ocean Lava Planet Series, que contan xa con eventos en máis de 10 paises, sobre distintas distancias e modalidades do triatlón, con final na illa Canaria. Vedra, en 2019 formará parte dese proxecto

.

Tras dúas edicións do triatlón de distancias media e olímpica do Ocean Lava Galicia celebradas en Cambados, Vilanova de Arousa e a Illa de Arousa, en 2017 e 2018 e 5 edicións do duatlón Concello de Vedra, 4 delas sobre o formato contra o reloxo por equipos, os proxectos unen o seu camiño e o 9 de marzo Vedra convertirase en sede das series Ocean Lava Planet. A proba continuará ademais sendo campionato galego da modalidade por 5º ano consecutivo, pero ampliará o seu ambito competitivo a equipos de fora de Galicia e a equipos non federados.

As inscricións para o Ocean Lava Galicia abriranse o vindeiro 3 de decembro, aberta a clubes de triatlón nacionais e extranxeiros, pero tamén a aqueles deportistas que sen licenza queiran formar un equipo para participar na proba de promoción. O formato da proba é contra o reloxo por equipos, cada minuto sae un equipo que deberá estar composto por un mínimo de 4 e un máximo de 6 compoñentes. Deberán cubrir unha distancia de 5 quilómetros de carreira, 20 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira novamente, debendo competir xuntos e marcando o tempo do equipo o 4º compoñente que cruce a liña de meta.

Mais información en www.oceanlavagalicia.com


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com