Víctor Bouzón convocado pola selección galega cadete de triatlón


O deportista do Olímpico de Vedra, por segundo ano consecutivo entre os 4 mellores triatletas autonómicos da categoría, aucudirá a Badaxoz coa selección galega ao Campionato de España de triatlón por autonomías.


Nova convocatoria dun deportista do club por unha selección galega (e van 4 nesta tempada). Desta vez é Víctor Bouzón, que formará parte da selección galega cadete que acudirá a Badaxoz os días 30 de xuño e 1 de xullo para a disputa do campionato de España de triatlón por autonomías.

Esta é a segunda convocatoria de Víctor pola selección galega, privilexio ao que soamente acceden 4 triatletas en categoría masculina e 4 en categoría feminina. Chégalle este premio nunha tempada na que por unha parte as súas continuas participacións co equipo absoluto de segunda división e por outro a sorte (caídas, percances...) que lle foi esquiva en momentos puntuais, non lle permitiron acadar os mellores resultados ate o momento nas probas da categoría cadete. Non constante obstante o traballo de toda a tempada da os seus froitos e malia non ser quen de mostrar todo o seu potencial nas competicións, reivindícase como un dos 4 mellores triatletas autonómicos da categoría por segundo ano consecutivo.

Despois de rematar 13º individual e 7º por equipos con Galicia, na edición do campionato de 2017 disputado en Almansa non nos cabe dúbida que loitará por mellorar esa posición e aportar o seu gran de area ao resultado da nosa selección autonómica. Pase o que pase, o importante e estar e disfrutar desa experiencia para seguir medrando como deportista.

Parabéns!!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com