O Olímpico feminino asegura a permanencia e o masculino a 9 puntos do ascenso


Moi satisfactoria actuación do club en Avilés, logrando o 12º posto na categoría masculina por clubes e o 29º do equipo feminino con Elena Miguens campioa no grupo de 45 a 49 anos

A pasada fin de semana tiña lugar o campionato de España de duatlón en Avilés e que constituía tamén a 3ª xornada da liga nacional de clubes de duatlón. Ata alí desprazouse unha expedición con 17 deportistas do club: 6 deportistas femininas en grupos de idade, 4 deportistas masculinos en elite e 2 en grupos de idade, 1 deportista en distancia standard, 3 cadetes e un junior.

A nivel de club foi unha fin de semana moi positiva, posto que tanto os equipos feminino como masculino afinazaron a súa posición na segunda división da liga nacional de clubes. En categoría masculina logo de ser o 7º combinado na xornada de liga (5 compoñentes) e o 12º equipo no campionato (3 compoñentes) o club sitúase en quinto posto a soamente 9 puntos do ascenso, con todo por decidir en Soria nas dúas últimas xornadas e con opcións de pelexar polo ascenso, pero eso si, sen ter asegurada aínda a permanencia, pois dous malos resultados nas dúas últimas xornadas poden facer que ocorra de todo. O equipo feminino, pese a lograr o 29º posto no campionato e 21º na liga si que asegurou a permanencia en Avilés que fará efectiva solo con estar presente na liña de saída en Soria. De momento, 7º posto na liga a 30 puntos do ascenso pero con 95 de diferencia sobre o descenso, cando so hai en xogo un tope de 90 puntos nas dúas últimas xornadas.


A boa clasificación do equipo masculino fundamentouse en que catro deportistas se clasificaran na categoría elite, o que permitiu facerse cun moi meritorio 12º posto no campionato. O 7º posto da xeral da liga superando a moitos equipos da primeira división daban o 3º posto na xornada de segunda, lástima que os rivais máis directos polo ascenso tamén sumaran moitos puntos.

Na proba elite masculina, a onde soamente teñen acceso os 100 mellores, Manuel Dosil remataba nun moi destacable 47º posto, que é un gran posto pese a non quedar moi satisfeito por non ser quen de atopar as súas mellores sensacións. Salientables actuacións tamén para Jacobo Crego, que ocupaba a 73ª posición nunha distancia para a que non está a facer unha preparación específica, Miguel Daporta 84º e que por pouco perdeu un grupo no ciclismo que de seguro lle daría unha mellor posición e Adrián Picallo que no seu debut en elite remataba 87º (17º sub 23), deixándose o pelexo para dar puntos ao equipo. Pero ista actuación non tería validez para a liga de clubes de non acadar un quinto resultado na proba de grupos de idade. Ahí participaron Julio Mallo que remataba 37º no grupo de 35 a 39 anos, dando o 5º resultado ao clube e, por si acaso, tamén estaba Antón Barreiro, rematando 24º en 45 a 49. Sen puntuación para a liga, en distancia standard participou Jorge Ferradáns, logrando o 9º posto en 35 a 39 anos.

As rapazas tampouco fallaron e cun equipo menos ambicioso que outras veces, as nosas 6 integrantes inscribíanse en grupos de idade co claro obxectivo de asegurar a praza na segunda división. Gran actuación de Elena Míguens, primera do club en cruzar a meta e que se proclamaba campioa de España no grupo de 45 a 49 anos no seu debut nun campionato de España de duatlón. Moi boas actuacións tamén para Tania Garabatos (10ª en 30 a 34 anos), Rita Cabanelas (11ª en 35 a 39 anos), Marta Suárez (15ª en 30 a 34), Katia Senín (16ª en 20 a 24) e Tania Suárez (21ª en 25 a 29). Así o equipo feminino acadou o 21º posto para a liga e asegurouse a permanencia na segunda división.

SORTE DISPAR NAS CATEGORÍAS MENORES

En aviles tamén tiña lugar o campionato de España para as categorías cadetes, onde a sorte foi dispar para os nosos representantes. Excelente carreira para Xián Castro, que se quedou a nada do grupo bo na bici, pero que soupo correr intelixentemente para acabar na 40ª posición, no seu segundo ano na categoría cadete. Na mesma categoría, mal día para Víctor Bouzón, que se quedaba fora do primeiro grupo na carreira inicial e remataba no posto 63º. Destacar tamén en cadete o debut de André González, que viña a esta proba a aprender e acababa no posto 237. A actuación dos 3 facía que o equipo cadete rematara no posto 32º. Na proba junior, pese a chegar con moitas dudas e non empezar moi ben, César Otero íase sobrepoñendo ata rematar satisfactoria 23ª posición.

Así as cousas, inmersos nun bucle de competicións esta fin de semana afróntase o campionato galego para xa 0 20 de abril viaxar a Soria e tratar de facer oficial a presenza dos nosos dous equipos na liga nacional de duatlón 2019, para xa dar paso a tempada de triatlón que empeza no mes de maio.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com